Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 223 Luns, 17 de novembro de 2003 Páx. 14.195

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA E ASUNTOS MARÍTIMOS

EDICTO do 23 de outubro de 2003, da Delegación Territorial de Pontevedra, polo que se notifica a resolución do expediente de transmisión do permiso de explotación desde embarcación, de referencia PE401E 2002/000042-0, devolto polo servicio de correos as tres veces que se lle enviou.

De conformidade co disposto polo artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícase a Fernando González Barreiro, con domicilio na Avenida de Vigo, 10, portal 2-1º G 36940 de Cangas, a resolución do conselleiro de Pesca e Asuntos Marítimos de data 28-8-2002 pola que: «Esta consellería resolve admiti-lo recurso de alzada interposto o día 16 de marzo de 2002 por Fernando González Barreiro contra a resolución da delegada territorial da Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos en Vigo do 6 de febreiro de 2002 pola que se desestima a solicitude de transmisión do permex da embarcación Mari Fe e desestimalo, confirmando a resolución recorrida».

Esta resolución esgota a vía administrativa e contra a ela procederá interpor recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ó da publicación desta notificación, ante a Sala do Contencioso do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co disposto no artigo 46 da Lei 19/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

Vigo, 23 de outubro de 2003.

P.D. (14-6-1999, DOG 120, 24-6-1999)

Paloma Rueda Crespo

Delegada territorial de Pontevedra

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E ADMINISTRACIÓN

LOCAL