Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 223 Luns, 17 de novembro de 2003 Páx. 14.194

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA E ASUNTOS MARÍTIMOS

RESOLUCIÓN do 11 de novembro de 2003 pola que se anuncia concurso público aberto, polo trámite de urxencia, para a contratación da subministración de oito (8) vehículos todo terreo en tres lotes, con destino á Subdirección Xeral de Control, Salvamento Marítimo e Loita contra a Contaminación.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos.

b) Dependencia que tramita o expediente: Subdirección Xeral de Control, Salvamento Marítimo e Loita contra a Contaminación.

2. Obxecto.

a) Descrición do obxecto: contratación da subministración de oito (8) vehículos todo terreo en tres lotes con destino á Subdirección Xeral de Control, Salvamento Marítimo e Loita contra a Contaminación, de acordo cos pregos que rexen para esta contratación.

b) Prazo de execución: quince días (15) desde a formalización do contrato.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso público.

4. Orzamento de licitación.

Importe total: cento cincuenta e tres mil oitenta euros (153.080 A) IVE e demais impostos incluídos.

5. Garantía provisional.

Non se esixe.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: servicios centrais da Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos ou nas súas delegacións territoriais.

b) Domicilio: edificio administrativo San Caetano, 5-2º.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15771.

d) Teléfono: 981 54 40 79.

e) Telefax: 981 54 40 31.

f) Data límite de obtención de documentos e información: ata a data límite de presentación das ofertas.

Así mesmo, tamén se poderán obte-los pregos relativos a esta contratación no seguinte enderezo da Internet: http://www.xunta.es/contratacion/resultado.asp?N=3302

7. Requisitos específicos do contratista.

Non se esixen.

8. Presentación das ofertas.

a) Data límite de presentación: o prazo de presentación rematará ás catorce horas do oitavo día natural contado a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia. No caso de que coincida en sábado ou festivo, o prazo rematará ás 14.00 horas do seguinte día hábil.

b) Documentación que hai que presentar: a indicada no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: rexistro xeral da Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos (edificio administrativo de San Caetano, 5-2º, Santiago de Compostela, 15771), ou por calquera dos xeitos previstos no artigo 80.4º do Regulamento xeral de contrados do Estado.

9. Apertura das ofertas.

a) Entidade: servicios centrais da Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos.

b) Domicilio: edificio administrativo San Caetano nº 5-2º.

c) Localidade: Santiago de Compostela.

d) Data: o cuarto día natural seguinte ó peche do prazo de presentación de ofertas. No caso que coincida en sábado ou festivo, a apertura de proposicións terá lugar o día hábil seguinte.

e) Hora: 10.00 horas.

10. Gastos de publicación.

Serán por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 11 de novembro de 2003.

Miguel Ángel López Sieiro

Secretario xeral da Consellería de Pesca e Asuntos

Marítimos