Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 223 Luns, 17 de novembro de 2003 Páx. 14.196

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 16 de outubro de 2003, da Secretaría Xeral da Consellería de Medio Ambiente, pola que se notifican as resolucións de dous expedientes sancionadores de incendios.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás persoas que figuran no anexo á devandita resolución.

Contra a resolución que se publica procederá a interposición do recurso potestativo de reposición perante o conselleiro de Medio Ambiente no prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da publicación da resolución, ou ben recurso contencioso-administrativo perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ó da publicación.

Santiago de Compostela, 16 de outubro de 2003.

Justo de Benito Basanta

Secretario xeral da Consellería de Medio Ambiente

ANEXO

Procedemento sancionador: incendios.

Número de expediente: CO-2002/111.

Interesado: José Ramiro Ramón.

Contido da resolución: multa de 300,51 euros.

Último enderezo coñecido: Vilanova, 5, San Sidre, 15165 Bergondo (A Coruña).

Procedemento sancionador: incendios.

Número de expediente: CO-2002/112.

Interesada: Noelia María Loureiro Iglesias.

Contido da resolución: multa de 300,51 euros.

Último enderezo coñecido: r/ Eugenio Krapf, 2-4ºB 36210 Vigo (Pontevedra).