Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 223 Luns, 17 de novembro de 2003 Páx. 14.191

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE CULTURA, COMUNICACIÓN SOCIAL E TURISMO

CÉDULA do 22 de outubro de 2003, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se notifica a incoación do expediente sancionador OU-S-74/2003 do 26 de agosto de 2003, por infraccións leves en materia de turismo.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285, do 27 de decembro), modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (BOE nº 12, do 1 de xaneiro), notifícaselle á persoa que a continuación se relaciona a incoación do expediente sancionador nº OU-S-74/2003, da Delegación Provincial de Cultura, Comunicación Social e Turismo, xa que, intentada polos medios habituais, non se puido practicar.

Advírtese o titular do establecemento denunciado que, de conformidade co artigo 13.2º do Real decreto 1398/1993, para o caso de non efectuar alegacións no prazo de quince días, e tendo en conta que o devandito acordo contén un pronunciamento preciso sobre a responsabilidade que se lle imputa, poderá ser considerado como proposta de resolución.

Ourense, 22 de outubro de 2003.

José Luis Pérez Pérez

Delegado provincial de Ourense

ANEXO

Expediente: OU-S-74/2003.

Titular sancionado: Benjamín Herrero Prada.

Establecemento: club As Leandras.

Domicilio: rúa Xirimil 131.

Localidade: O Barco de Valdeorras.

Resolución: 26 de agosto de 2003.

Preceptos infrinxidos: artigos 86.2º e 86.11º da Lei 9/1997, do 21 de agosto, de ordenación e promoción do turismo en Galicia.

Sanción: cento cincuenta euros (150 euros) para cada unha das infraccións.