Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 223 Luns, 17 de novembro de 2003 Páx. 14.164

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO DOUS DA CORUÑA

CÉDULA de notificación de sentencia (233/2003).

Eu, Jaime Balado Yáñez, secretario xudicial do Xulgado do Social número dous da Coruña, dou fe e testemuño de que en autos seguidos perante este Xulgado do Social, tramitados baixo o número 233/2003 por instancia de Raquel Galindo Checa contra Escuela de Música Rodríguez Gómez, S.L. sobre salarios, dictouse a seguinte:

«Sentencia.-Na cidade da Coruña o 21 de outubro de 2003, Milagritos Evangelina Belso Sempere, maxistrada-xuíza substituta do Xulgado do Social número dous desta cidade, viu os presentes autos de xuízo número 233/2003, seguidos por instancia de Raquel Galindo Checa, maior de idade, asistido polo letrado Felipe Martínez Ramonde, contra a empresa Escuela de Música Rodríguez Gómez, S.L.,

que non compareceu nos autos, sendo o obxecto da reclamación salarios (seguen feitos e fundamentos de dereito).

Decido que debo estimar e estimo a demanda interposta por Raquel Galindo Checa contra a empresa Escuela de Música Rodríguez Gómez, S.L., e condeno a demandada a lle aboar ó demandante a cantidade de 633,42 euros polos conceptos reclamados na demanda, con aplicación do artigo 576 da LEC.

Notifíqueselles esta resolución ás partes, ás que se lles fará saber que contra ela non cabe recurso ningún.

Así, por esta miña sentencia, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que sirva de notificación á empresa, que ten o seu domicilio descoñecido, mediante a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, expido e asino esta cédula de notificación na Coruña o 22 de outubro de 2003.

O secretario xudicial

Rubricado

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS

E VIVENDA