Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 223 Luns, 17 de novembro de 2003 Páx. 14.164

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA NÚMERO CINCO DE VIGO

EDICTO (1245/2001-P).

Eugenio Antonio Álvarez Muñoz, secretario do Xulgado de Familia de Vigo,

Certifico que neste xulgado se tramitan os autos arriba indicados nos que se dictou a seguinte sentencia:

«En Vigo o dezaseis de maio de dous mil tres. Vistos por Mª Ángeles González de los Santos, maxis

trada-xuíza de primeira instancia número cinco de Vigo, os presentes autos de divorcio seguidos neste xulgado co número 1245/2001-P por instancia de María Pilar Vallas Lucía, maior de idade, representada polo procurador José V. Gil Tránchez e asistida do letrado José Muñoz Rivera contra Manuel Fernández Arias, maior de idade, o cal se declarou en rebeldía procesual, e na súa virtude e en nome de El-Rei, dicta a seguinte sentencia:

(Seguen antecedentes de feito e fundamentos de dereito).

Decido que debo declarar e declaro a disolución por divorcio do matrimonio que formaban Manuel Fernández Arias e María Pilar Valls Lucía, que consta inscrito no tomo 15, páxina 146 do Rexistro Civil de Valencia, con tódolos efectos legais que a dita declaración significa. Non se aprecian méritos bastantes para efectuar unha especial imposición das custas procesuais.

Firme a presente resolución, comuníquese de oficio ó Rexistro Civil de Valencia para a súa inscrición á marxe da de matrimonio das partes.

Notifíquese esta resolución ás partes e fágaselles saber que non é firme e que contra ela cabe interpor recurso de apelación, que se preparará ante este xulgado no prazo de cinco días contando desde o seguinte ó da súa notificación.

Así, por esta miña sentencia, o pronuncio, mando e asino».

E para que conste e sirva de notificación a Manuel Fernández Arias, en ignorado paradoiro, expido e asino esta cédula en Vigo o vintesete de maio de dous mil tres.

O secretario

Rubricado