Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 222 Venres, 14 de novembro de 2003 Páx. 14.146

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

AXENCIA TRIBUTARIA

ANUNCIO do 6 de outubro de 2003, da Dependencia Rexional de Recadación de Valladolid, polo que se citan contribuíntes para seren notificados por comparecencia.

En virtude do disposto no artigo 105 da Lei 230/1963, do 28 de decembro, xeral tributaria, na redacción dada a el polo artigo 28 da Lei de medidas fiscais, administrativas e da orde social, Lei 66/1997, do 30 de decembro (BOE nº 133, do 31 de decembro), e téndose tentado a notificación por dúas veces sen que se puidese practicar por causas non imputables á Administración tributaria, polo presente anuncio cítase ós suxeitos pasivos, obrigados tributarios ou representantes que se relacionan no anexo adxunto, para seren notificados por comparecencia dos actos administrativos derivados dos procedementos que nel se inclúen.

Os interesados ou os seus representantes deberán comparecer para seren notificados no prazo de dez días hábiles contados desde o seguinte ó da súa publicación no boletín oficial correspondente, en horario de 9.00 a 14.00 horas, de luns a venres, nos lugares que en cada caso se sinala (ver táboa anexo I).

Cando transcorrido este prazo non se comparecese, a notificación entenderase producida para tódolos efectos legais desde o día seguinte ó do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Valladolid, 6 de outubro de 2003.

Mª Elena García Hernando

Xefa da Dependencia Rexional de Recadación

de Valladolid

ANEXO I

Suxeito pasivoNIF/CIFNº expedienteProcedemento

Electricida Óscar ValladolidB47356035C1100003320041692Constrinximento
Gac Patrimonios, S.L.B47339924C1100002360041387Constrinximento
Gac Patrimonios, S.L.B47339924C110000360074553Constrinximento
Ordax García AndrésA44910355C1100003540075176Constriximento
Residencial Churruca 3, S.L.B47343926C1100003540046444Constrinximento

CAIXA DE AFORROS E MONTE DE PIEDADE DE ZARAGOZA,

ARAGÓN E RIOXA