Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 222 Venres, 14 de novembro de 2003 Páx. 14.146

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VILALBA

ANUNCIO.

O Concello de Vilalba, adxudicou mediante resolucións e nas datas que a seguir se sinalan as seguintes obras e servicios:

a) Obras incluídas na separata do proxecto de mellora nos servicios urbanísticos en espacios públicos do núcleo antigo de Vilalba (rúa Manuel Mato Vizoso) á empresa Cholo, S.L. (Resolución do 22 de xullo de 2003).

b) Obras da separata do proxecto de mellora nos servicios urbanísticos en espacios público do núcleo antigo de Vilalba (mellora da rúa Pintor López Guntín, demolición completa/reposición de beirarrúas/firme asfáltico/árbores), á empresa Cholo, S.L. (Resolución do 29 de xullo de 2003).

c) Obras de acondicionamento da área da Charca do Alligal en Codesido-Vilalba á empresa Cholo-Serafín de la Fuente e Jesús Naray, S.L. UTE (Resolución do 23 de setembro de 2003).

d) Prestación dos servicios da gardería municipal a Nenos 4, C.B. (Resolución do 7 de outubro de 2003).

O que se fai público para efectos de lle dar cumprimento ó establecido no artigo 93.2º do Real decreto 2/2000, do 16 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas.

Vilalba, 17 de outubro de 2003.

O alcalde

Rubricado