Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 222 Venres, 14 de novembro de 2003 Páx. 14.146

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VILAGARCÍA DE AROUSA

ANUNCIO de concurso aberto (carácter urxente).

1. Obxecto do contrato: a execución das obras de ordenación para a creación dunha zona verde nas marxes do río Con (Rodrigo de Mendoza, Fonte da Coca-A Laxe).

2. Prazo do contrato: dez meses.

3. Prezo do contrato: 569.184,87 A.

4. Garantías provisional e definitiva: a garantía provisional, para participar no concurso, será de 11.383,70 A.

O adxudicatario estará obrigado a prestar unha garantía definitiva do 4% do importe da adxudicación.

5. Proposicións: as proposicións presentaranse no Rexistro de Licitacións (Secretaría Xeral), en man, das 9.30 ás 13.30 horas, durante os trece días naturais seguintes á publicación do último dos anuncios nos BOP ou DOG.

Tamén poderán presentarse na forma prevista no parágrafo 2º da cláusula XI.1.

As proposicións axustaranse ó modelo oficial que figura no prego de cláusulas administrativas e cumprirán as formalidades e documentación previstas na cláusula XI do prego.

Vilagarcía de Arousa, 5 de novembro de 2003.

Joaquín J. Gago López

Alcalde