Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 222 Venres, 14 de novembro de 2003 Páx. 14.145

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

ANUNCIO de licitación pública de edificabilidade municipal na parcela 2-B do Plan parcial Finca Solita (4460/401).

Aprobado polo Pleno do Concello de Vigo en sesión do 29 de setembro de 2003, o expediente de contratación e prego de cláusulas para o alleamento en poxa pública á alza da cota pro indiviso pertencente ó concello na parcela resultante nº 2-B do proxecto de compensación do polígono B SUP PP 1 Finca Solita, exponse ó público durante oito días, contados a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio, para que poidan presentarse reclamacións por quen se considere interesado. Igualmente, anúnciase a poxa, aprazándose a licitación se resultase necesario por formularse reclamacións contra o prego de cláusulas.

1. Entidade adxudicadora.

Concello de Vigo.

2. Obxecto do contrato.

A venda mediante poxa á alza da cota pro indiviso pertencente ó concello na parcela resultante nº 2-B do proxecto de compensación do polígono B SUP PP 1 Finca Solita.

3. Duración do contrato.

O concello trasladará a propiedade e posesión da súa cota indivisa sobre a parcela descrita mediante o outorgamento de escrita pública ante notario ou certificación do secretario do concello, dentro dos quince días seguintes ó da data de adxudicación.

4. Procedemento e forma de adxudicación.

Poxa pública á alza, procedemento aberto.

5. Orzamento de licitación.

368.170,60 euros, máis IVE. A parcela queda afecta ó pagamento dos custos de urbanización que correspondan.

6. Obtención de documentación e información.

Oficina de Información Urbanística da Xerencia Municipal de Urbanismo, en horario de 9.00 a 13.30 horas, ata o día anterior o do remate do prazo de presentación de propostas.

7. Presentación de propostas e prazo.

No Rexistro Xeral da Xerencia Municipal de Urbanismo do Concello de Vigo, dentro do prazo de 15 días naturais, contados a partir do día seguinte do derradeiro anuncio no BOP e DOG, en horario de 9.00 a 13.30 horas, ou por correo na forma regulamentariamente establecida.

8. Documentación que hai que presentar.

A solicitada no prego de cláusulas administrativas.

9. Apertura de ofertas.

O primeiro martes seguinte ó que remate o prazo sinalado para a presentación de ofertas. Se coincide

en día inhábil ou se por causas de forza maior non puidese realizarse, esta terá lugar o primeiro día hábil seguinte.

10. Gastos.

A cargo do adxudicatario, incluído o de publicación deste anuncio.

Vigo, 14 de outubro de 2003.

Mauricio Ruiz Ceniceros

Vicepresidente da Xerencia

de Urbanismo