Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 222 Venres, 14 de novembro de 2003 Páx. 14.147

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

CAIXA DE AFORROS E MONTE DE PIEDADE DE ZARAGOZA, ARAGÓN E RIOXA

ELECCIÓN de compromisarios en representación de impositores.

En cumprimento do disposto nos estatutos e no regulamento de eleccións desta caixa de aforros, ponse en coñecemento das persoas interesadas que en tódalas oficinas desta entidade se exhiben as listas de compromisarios designados titulares e suplentes da circunscrición a que pertence cada oficina, que resultaron elixidos por sorteo público ante notario celebrado o día 13 de novembro de 2003, as cales, por razóns de confidencialidade, ata que se produzan as oportunas aceptacións, conteñen exclusivamente o número do DNI (ou tarxeta de residencia ou pasaporte).

A elección de conselleiros xerais de cada circunscrición será realizada polos compromisarios que aceptarán a dita nominación no lugar, o día e a hora que se comunicará oportunamente.

Zaragoza, 14 de novembro de 2003.

Emilio Eiroa García

Presidente da Comisión Electoral