Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 222 Venres, 14 de novembro de 2003 Páx. 14.134

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

EDICTO do 13 de outubro de 2003, da Delegación Provincial de Ourense, polo que se notifican as incoacións dos expedientes sancionadores de pesca OU-PES-2003-0111 e dous máis devoltos polo servicio de correos.

De conformidade co disposto polo artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás persoas que no anexo se mencionan, a incoación dos expedientes sancionadores por presuntas infraccións á Lei 7/1992, do 24 de xullo, de pesca fluvial de Galicia (DOG nº 151, do 5 de agosto).

Noméase instructora dos expedientes a Miriam Areal López, funcionaria desta delegación; o réxime de recusación é o establecido nos artigos 28 e 29 da Lei 30/1992.

Para os efectos previstos na Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, os expedientados disporán dun prazo de quince (15) días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación desta notificación para que poidan examina-los expedientes nesta delegación provincial, sita na rúa do Paseo nº 18-5º andar e achegar por escrito alegacións, documentos, informacións ou proposta de probas que consideren convenientes na defensa dos seus dereitos.

De non efectuar alegacións ningunhas no prazo fixado, este acordo de incoación poderá ser considerado proposta de resolución, conforme o establecido no artigo 13.2º do Regulamento para o exercicio da potestade sancionadora, aprobado polo Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto.

De conformidade co artigo 42.4º, da Lei 30/1992, en relación coa Lei 4/1999, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, infórmase de que no caso de non resolve-los presentes expedientes no prazo de seis meses, tendo en conta as posibles interrupcións do seu cómputo por causas imputables ós interesados, se producirá a súa caducidade. A resolución que declare a caducidade ordenará o arquivo das actuacións cos efectos previstos no artigo 92 desta lei.

Para resolve-los expedientes é competente por razón da contía da multa delegado provincial desta consellería.

De conformidade co artigo 8 do R.P. o pagamento voluntario polo imputado, en calquera momento anterior á resolución, poderá implicar igualmente a terminación do procedemento, sen prexuízo da posibilidade de interpoñe-los recursos procedentes. O importe da sanción farase efectivo na conta de recadación de multas e sancións da Xunta de Galicia, empregando o impreso que lle será facilitado nas oficinas desta delegación ou en calquera unidade administrativa pertencente á Xunta de Galicia.

Ourense, 13 de outubro de 2003.

Agustín Prado Verdeal

Delegado provincial de Ourense

Expediente nº/ano: OU-PES-2003-0111.

Denunciado: Avelino Jares González.

DNI: 7701594.

Último enderezo coñecido: Rue de Estalingrad, 24. Montrevil-Francia.

Feito denunciado: pescar sen licencia.

Precepto infrinxido e sancionador: art. 34.1º da Lei de pesca fluvial de Galicia 7/1992.

Sanción: 300,51 A, retirada da licencia de pesca e inhabilitación para obtela durante un ano.

Expediente nº/ano: OU-PES-2003-0118.

Denunciado: José Manuel Duque de Jesús.

DNI: 34939949.

Último enderezo coñecido: estrada de Piñor, 19, baixo B. 32890 Barbadás.

Feito denunciado: pescar en día inhábil (luns).

Precepto infrinxido e sancionador: art. 33.9º da Lei de pesca fluvial de Galicia 7/1992.

Sanción: 60,10 A.

Expediente nº/ano: OU-PES-2003-0122.

Denunciado: Manuel Carlos Pintos Martín.

DNI: 5967388.

Último enderezo coñecido: Gondar. Guimaraes-Portugal.

Feito denunciado: pescar sen licencia. Pescar en día inhábil.

Precepto infrinxido e sancionador: art. 34.1º e art. 33.9º da Lei de pesca fluvial de Galicia 7/1992.

Sanción: 300,51 A, retirada da licencia de pesca e inhabilitación para obtela durante un ano.