Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 222 Venres, 14 de novembro de 2003 Páx. 14.135

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ASUNTOS SOCIAIS, EMPREGO E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 14 de outubro de 2003, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se dispón a publicación, no Diario Oficial de Galicia, das notificacións dos expedientes de sanción por infraccións na orde social 68/2001 e outro máis.

Notifícaselles, de conformidade co establecido no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ás empresas que a continuación se relacionan, ó non poder notificar por correo certificado, as resolucións dictadas nos expedientes de sanción, por infraccións na orde social, (materia laboral, seguridade e hixiene e saúde laboral); o seu enderezo, identificación, número do expediente, contía da sanción e disposición infrinxida cítanse a seguir:

Empresa: Dec. Ramos Casariego, S.L.

Domicilio: A Cerdeiriña-Vilaronte-Foz.

NIF: B-27197912.

Nº expediente: 68/2001.

Contía: anulada.

Empresa: Ref. Innova, S.L.L.

Domicilio: Rda. das Fontiñas, 195, Lugo.

NIF: B-27274273.

Nº expediente: 88/2003.

Contía: 1.502,54.

Disp. infrinxida: anexo IV, Real decreto 1627/1997.

Contra esta resolución os interesados poderán interpor recurso de alzada, polo conducto desta delegación perante o director xeral de Relacións Laborais no prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da súa notificación.

Advírtese que, de non ser interposto este en tempo e forma, haberán de aboa-la multa imposta a través da Caixa Galicia, cta. contable 840, código 001, clave 390055, dentro do prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da notificación desta resolución xa que, noutro caso, se procederá á exacción pola

vía de constrinximento, nos termos previstos na orde da Consellería de Economía e Facenda, do 23 de novembro de 2001.

Lugo, 14 de outubro de 2003.

Ana Chao Vázquez

Delegada provincial de Lugo