Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 222 Venres, 14 de novembro de 2003 Páx. 14.133

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 21 de outubro de 2003, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se notifica a incoación do expediente sancionador PO-CN-2003/8 (conservación da natureza-Pontevedra).

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle á persoa que no anexo se menciona a incoación do expediente sancionador por infracción á Lei 9/2001, do 21 de agosto, de conservación da natureza.

Que, así mesmo, designo instructor do expediente a Antonio Álvarez Fernández e secretaria a Rosa María Siota Diéguez.

O que se notifica, para os efectos previstos no artigo 29 da devandita Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, poderán se recusado en calquera momento do expediente por algunha das causas previstas no artigo 28 da mentada lei.

Para os efectos previstos na Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, o denunciado disporá dun prazo de quince días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación desta notificación, para formula-las alegacións, presentar documentos ou achega-las probas que conveñan ó seu dereito, advertíndolle que, de non efectuar ningunha alegación no prazo fixado, estes acordos de incoación poderán ser considerados propostas de resolución, de darse os supostos previstos no artigo 13 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto (BOE 9 de agosto).

Pontevedra, 21 de outubro do 2003.

José Antonio López Rodríguez

Delegado provincial de Pontevedra

ANEXO

Expediente: PO-CN-2003/8.

Denunciado: Antonio Santiago Domínguez Alfonso.

Último enderezo coñecido: A Viña de Millán, nº 1, O Grove.

Feitos denunciados: a execución de obras, usos e actividades en zonas suxeitas a limitación, sen a debida autorización administrativa, ou sen a obtención dos informes previstos pola lexislación ambiental que incumpran as normas dos instrumentos de ordenación dos espacios naturais.

Precepto infrinxido: artigo 64, números 3º e 7º da Lei 9/2001, do 21 de agosto, de conservación da natureza.

Precepto sancionador: artigo 71 da Lei 9/2001, do 21 de agosto, de conservación da natureza.

Sanción: 6.010,13 euros que pagará conxunta e solidariamente con outros tres denunciados, e retira-los materiais depositados dentro do espacio e a restauración ó ser e estado previos ó feito constitutivo da infracción.