Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 222 Venres, 14 de novembro de 2003 Páx. 14.130

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE FAMILIA, XUVENTUDE, DEPORTE E VOLUNTARIADO

RESOLUCIÓN do 4 de novembro de 2003 pola que se anuncia a licitación, mediante procedemento aberto e forma de adxudicación de concurso público, con tramitación urxente, do contrato de obra da reforma do pavillón polideportivo e a construcción dun ximnasio no concello de Campo Lameiro (Pontevedra).

Aprobado o expediente de contratación que a seguir se identifica, mediante Resolución do 31 de outubro de 2003, procédese agora a efectua-lo anuncio de licitación deste.

Esta resolución constitúe acto de trámite para os efectos do parágrafo segundo do artigo 107 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Familia, Xuventude, Deporte e Voluntariado.

b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral para o Deporte.

c) Número de expediente: 24/2003.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: reforma do pavillón polideportivo e a construcción dun ximnasio no concello de Campo Lameiro (Pontevedra).

b) Lugar de execución: Campo Lameiro.

c) Prazo de execución: doce (12) meses.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso público.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: catrocentos vintedous mil trescentos un euros con noventa e cinco céntimos, IVE incluído (422.301,95 A).

5. Garantías.

a) Garantía provisional: non se esixe.

b) Garantía definitiva: catro por cento (4%) do orzamento de licitación: dezaseis mil oitocentos noventa e dous euros con sete céntimos (16.892,07 A).

6. Obtención de documentación e información.

No Servicio de Infraestructuras Deportivas da Dirección Xeral para o Deporte (estadio multiusos de San Lázaro, s/n, Santiago de Compostela. Teléfono: 981 54 26 26; fax: 981 54 26 39).

Fotocopias dos pregos de cláusulas administrativas e prescricións técnicas poderán ser solicitados directamente en Xeneral Pardiñas, nº 2, de Santiago de Compostela. Teléfono: 981 59 03 02.

Os pregos de cláusulas administrativas particulares e prescricións técnicas ós que se refire o parágrafo anterior poderán ser consultados na Internet (www.xunta.es/contratación/resultado:asp?N=3291).

7. Requisitos específicos do contratista.

Clasificación empresarial: grupo C, subgrupo todos, categoría d.

8. Presentación de ofertas.

a) Data límite de presentación: ás 14.00 horas do décimo terceiro (13) día natural posterior á publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

b) Documentación que hai que presentar: a requerida polo prego de cláusulas administrativas particulares.

Os contratistas que se atopen inscritos no rexistro xeral de contratistas da Comunidade Autónoma e

así o fagan constar na cara do sobre A (documentación administrativa) quedarán exonerados de presenta-la documentación á que se refire o artigo 5 da Orde do 23 de outubro de 1995 (DOG do 10 de novembro), modificada pola Orde do 9 de decembro de 1996 (DOG do 23 de decembro).

c) Lugar de presentación:

Rexistro xeral da Consellería de Familia, Xuventude, Deporte e Voluntariado e no rexistro de documentos da Dirección Xeral para o Deporte (estadio multiusos San Lázaro, 15890 Santiago de Compostela, prescricións. Fax: 981 54 26 39), ou no xeral da Xunta de Galicia (edificios administrativos de San Caetano, Santiago de Compostela), ou poden ser enviados por correo dentro do prazo de admisión.

d) Admisión de variantes: admítense en relación co prazo de execución e co prazo de garantía das obras.

9. Apertura de ofertas.

a) Entidade: Consellería de Familia, Xuventude, Deporte e Voluntariado.

b) Enderezo: San Caetano.

c) Localidade: Santiago de Compostela.

d) Data: o quinto día hábil seguinte ó de remata-lo prazo de presentación de ofertas. De coincidir este en sábado, pasará ó seguinte día hábil.

e) Hora: 9.30 horas.

10. Outras informacións.

11. Gastos do anuncio: este anuncio e, se é o caso, a inserción do seu extracto nos medios de comunicación escrita, serán por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 4 de novembro de 2003.

Pilar Rojo Noguera

Conselleira de Familia, Xuventude, Deporte

e Voluntariado