Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 222 Venres, 14 de novembro de 2003 Páx. 14.131

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 15 de outubro de 2003, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se notifica a proposta de resolución do expediente sancionador PO-A-2003/24 (animais-Pontevedra).

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle á persoa que no anexo se menciona a proposta de resolución dictada polo instructor no expediente que por infracción á Lei 1/1993, do 13 de abril, de protección de animais domésticos e salvaxes en catividade, e á Lei 50/1999, do 23 de decembro, sobre o réxime xurídico da tenza de animais potencialmente perigosos, se está a tramitar nesta delegación.

Para efectos previstos no artigo 19 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, polo que se aproba o Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, o denunciado disporá dun prazo de quince días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación desta notificación, para examina-lo expediente, no Servicio de Medio Ambiente Natural, sito na r/ Benito Corbal, nº 47-5ª planta, e presenta-las alegacións que considere convenientes.

Pontevedra, 15 de outubro de 2003.

José Antonio López Rodríguez

Delegado provincial de Pontevedra

ANEXO

Expediente: PO-A-2003/24.

Denunciada: Amelia González Piñeiro.

Último enderezo coñecido: Verdeal, nº 131 de Domaio-Moaña (Pontevedra).

Feitos denunciados: omiti-la inscrición dun can potencialmente perigoso (de raza Rottweiler) no Rexistro Municipal de Animais Pontencialmente Perigosos, e non telo debidamente vacinado.

Preceptos infrinxidos: artigo 13.2º c) da Lei 50/1999, do 23 de decembro, sobre o réxime xurídico da tenza de animais potencialmente perigosos, e artigo 21.1º h) da Lei 1/1993, do 13 de abril, de protección de animais domésticos e salvaxes en catividade.

Precepto sancionador: artigo 13 da Lei 50/1999, do 23 de decembro, sobre o réxime xurídico da tenza de animais potencialmente perigosos, e artigo 24 da Lei 1/1993, do 13 de abril, de protección de animais domésticos e salvaxes en catividade.

Sanción: 600 euros.