Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 222 Venres, 14 de novembro de 2003 Páx. 14.130

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA E ASUNTOS MARÍTIMOS

RESOLUCIÓN do 17 de setembro de 2003 pola que se fan públicas as adxudicacións dos expedientes de contratación que se citan.

De conformidade co disposto no artigo 93 do Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas, faise pública a adxudicación dos seguintes contratos:

I. Expediente: 2003-12-527.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos.

b) Dependencia que tramita o expediente: Subdirección Xeral de Control, Salvamento Marítimo e Loita contra a Contaminación.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo do contrato: subministracións.

b) Descrición do obxecto: contratación da subministración dunha embarcación planadora, para a Subdirección Xeral de Control, Salvamento Marítimo e Loita contra a Contaminación.

c) Data de publicación do anuncio: Diario Oficial de Galicia nº 130, do 7 de xullo de 2003.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso público.

4. Orzamento de licitación.

Importe total: 30.000 euros.

5. Adxudicación.

a) Data: 20 de agosto de 2003.

b) Contratista: Astilleros Polináutica, S.L.

c) Importe da adxudicación: 29.950,01 euros.

II. Expediente: 2003-12-528.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos.

b) Dependencia que tramita o expediente: Subdirección Xeral de Control, Salvamento Marítimo e Loita contra a Contaminación.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo do contrato: subministracións.

b) Descrición do obxecto: contratación da subministración dunha embarcación patrulleira, para a Subdirección Xeral de Control, Salvamento Marítimo e Loita contra a Contaminación.

c) Data de publicación do anuncio: Diario Oficial de Galicia nº 130, do 7 de xullo de 2003.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso público.

4. Orzamento de licitación.

Importe total: 270.455,45 euros.

5. Adxudicación.

a) Data: 20 de agosto de 2003.

b) Contratista: Astilleros Polináutica, S.L.

c) Importe da adxudicación: 270.400 euros.

Santiago de Compostela, 17 de setembro de 2003.

Miguel Ángel López Sieiro

Secretario xeral da Consellería de Pesca

e Asuntos Marítimos

CONSELLERÍA DE FAMILIA, XUVENTUDE, DEPORTE

E VOLUNTARIADO