Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 222 Venres, 14 de novembro de 2003 Páx. 14.129

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA AGROALIMENTARIA E DESENVOLVEMENTO RURAL

RESOLUCIÓN do 22 de outubro de 2003, da Dirección Xeral de Infraestructuras Agrarias, pola que se notifica a Ramón Meire Tarrío o emprazamento no recurso contencioso-administrativo 7663/2003, interposto por Jesús Vázquez Tarrío e Emilio Vázquez Tarrío na zona de concentración parcelaria de Reboredo Antas de Ulla-Lugo, devolto polo servicio de correos.

Pola presente resolución e en cumprimento do establecido no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro e, por ser devolta polo servicio de correos, notifícaselle ó interesado que ten os datos persoais e último domicilio coñecido que figuran no anexo, o emprazamento a Ramón Meire Tarrío no recurso contencioso-administrativo nº 7663/2003 interposto por Jesús Vázquez Tarrío e Emilio Vázquez Tarrio na zona de Reboredo Antas de Ulla-Lugo.

Santiago de Compostela, 22 de outubro de 2003.

Alejandro Martínez-Geijo Nogueira-Soares

Director xeral de Infraestructuras Agrarias

ANEXO I

Destinatario: Ramón Meire Tarrío.

Domicilio: Árbol, 27557, Antas de Ulla (Lugo).

Texto: «Con data 17 de xullo de 2003 tivo entrada no rexistro desta consellería, oficio do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, Sala do Contencioso-Administrativo, Sección Terceira, solicitando o expediente correspondente ó recurso nº 7663/2003 interposto por Jesús Vázquez Tarrío e Emilio Vázquez Tarrío contra a resolución estimando en parte recurso de alzada contra o acordo de concentración parcelaria da zona de Reboredo (Antas de Ulla-Lugo).

O que se lle notifica por medio da presente, toda vez que pode vostede resultar interesado nel e co obxecto de poder comparecer e constituírse en autos,

se así o estimase oportuno, mediante procurador con asistencia de letrado ou avogado con poder para o efecto, ante a sala requirente, no prazo de nove días, contados a partir do seguinte ó da recepción da presente, de conformidade co establecido no artigo 49 da Ley 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa».

Notifíqueselles ós interesados na forma prevista na lexislación vixente.