Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 222 Venres, 14 de novembro de 2003 Páx. 14.125

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN, INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 1 de outubro de 2003, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se somete a información pública a solicitude de declaración de utilidade pública, en concreto, para a execución da instalación reelectrificación de Adellao (Lourenzá). (Expediente 2/2003 A.T.).

De conformidade co disposto no título IX da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico, (BOE do 28 de novembro) e no capítulo V do título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sobre autorizacións de instalacións de enerxía eléctrica (BOE do 27 de decembro), incoase o expediente e sométese á información pública a solicitude de

Barras Eléctricas Galaico-Asturianas, S.A. con domicilio en Cidade de Viveiro 4, Lugo, como entidade beneficiaria, para a declaración de utilidade pública en concreto, que levará implícita a urxente ocupación, para os efectos de expropiación forzosa e imposición das servidumes de paso, sobre os bens e dereitos que afecten o proxecto das instalacións a autorización administrativa da cal foi sometida a información pública mediante resolución desta delegación provincial do 18 de abril de 2002, e que son as seguintes:

1. Liña de media tensión aérea a 20 kV cunha lonxitude de 0,56 km en conductor tipo LA-56 con orixe na antiga localización do C.T.I. de Requeixo e remate no C.T. de Adellao.

2. Liña de media tensión aérea a 20 kV cunha lonxitude de 0,031 km con orixe na antiga localización do C.T.I. de Requeixo e remate no C.T. de Requeixo en conductor tipo LA-56.

3. Centro de transformación intemperie situado en Adellao, de 50 kVA de potencia e relación de transformación 20.000/380-220 V.

4. Liña de baixa tensión aérea de 1,63 km de lonxitude en conductor tipo R.Z. con orixe no C.T. de Adellao.

5. Liña de baixa tensión aérea de Trabas cunha lonxitude de 0,51 km en conductor tipo R.Z. con orixe no C.T. de Castiñeiras.

O que se fai público para o coñecemento xeral e especialmente dos propietarios e demais titulares afectados dos que se insira relación no anexo desta resolución, así como das persoas que sendo titulares de dereitos reales, ou intereses económicos sobre os bens afectados foran omitidos, para que poidan examina-lo expediente no que constan as caracte

rísticas e afeccións derivadas do proxecto nesta delegación provincial, situada na Ronda da Muralla 70 (edificio administrativo da Xunta) e presenta-las alegacións que consideren oportunas no prazo de 20 días, contados desde o seguinte a última publicación desta resolución.

Esta resolución realízase igualmente para os efectos do artigo 59.4º da Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, de modificación da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, de resulta-los titulares dos predios propostos como descoñecidos, se ignore o lugar de notificación ou ben intentada a notificación, non se puidera practicar e así dirixirlle o Ministerio Fiscal as dilixencias que se produzan de conformidade co artigo 5 da Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954.

Lugo, 1 de outubro de 2003.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo

Relación de propietarios, bens e dereitos afectados

Expediente: 2/2003Provincia: Lugo

Reelectrificación de AdellaoTermo municipal: Lourenzá

PREDIOSPROPIETARIOSAFECCIÓN

ApoioVoo

NºLugarCultivoNome e apelidosEnderezonº apoiommlm

7PradoHdos. de Remedios Ron

Oural

Requeixo, nº 2

San Xurxo de Lourenzá (Lugo)

38608

8Prado e

monte alto

Hdos. de Remedios Ron

Oural

Requeixo, nº 2

San Xurxo de Lourenzá (Lugo)

1071.712

9Monte altoHdos. de Ramón Fiallega

Castro

Souto Novo, nº 4

San Xurxo de Lourenzá (Lugo)

234