Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 222 Venres, 14 de novembro de 2003 Páx. 14.123

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN, INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 30 de setembro de 2003, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se somete a información pública a solicitude de autorización administrativa, a aprobación do proxecto de execución e a declaración de utilidade pública, en concreto, da instalación eléctrica L.M.T., C.T. e R.B.T. de Figueiras e Rego, no concello de Mondoñedo. (Expediente 10/2003 A.T.).

1. Autorización administrativa.

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, e título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sobre autorizacións de instalacións de enerxía eléctrica, sométese á información pública por petición

de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución para o trazado das liñas eléctricas de referencia, que contan coas características técnicas que se relatan a continuación:

-Peticionario: Barras Eléctricas Galaico-Asturianas, S.A.

-Finalidade: mellora da infraestructura eléctrica existente na zona.

-Descricións técnicas principais:

1. Liña de media tensión ó C.T. de Coutada con orixe na L.M.T. existente ó C.T. de Figueiras e remate no C.T. de Coutada cunha lonxitude de 1.140 m en conductor LA-56 en apoios de formigón e torres metálicas tipo C.

2. Liña de media tensión ó C.T. do Romeo con orixe no P-3 da L.M.T. ó C.T. de Coutada e remate no C.T. do Romeo cunha lonxitude de 88 m en conductor LA-56 en apoios de formigón e torres metálicas tipo C.

3. Liña de media tensión ó C.T. da Croa, con orixe na L.M.T. existente ó C.T. Figueiras e remate no C.T. A Croa cunha lonxitude de 460 m en conductor LA-56 en apoios de formigón e torres metálicas tipo C.

4. Centro de transformación intemperie de Coutada de 50 kVA e relación de transformación 20.000/380-220 V.

5. Centro de transformación intemperie do Romeo de 50 kVA e relación de transformación 20.000/380-220 V.

6. Centro de transformación intemperie da Croa de 100 kVA e relación de transformación 20.000/380-220 V.

7. Rede de baixa tensión en Coutada, O Romeo, Canteira, A Aldea, A Croa e Rego en conductor R.Z.-95 e R.Z.-50 en apoios de formigón.

2. Urxente ocupación.

O beneficiario, ó amparo do título IX da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico solicita, así mesmo, a declaración de utilidade pública das instalacións incluídas neste proxecto, que, segundo o sinalado no artigo 54 da devandita lei, levará implícita en todo caso a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa. Polo tanto, esta resolución de información pública, na que se relacionan tódolos bens e dereitos afectados pola urxente ocupación, realízase tamén para os efectos previstos no citado título IX da Lei 54/1997, e no capítulo V do título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro.

3. Alegacións.

O que se fai público para que poida examinarse o proxecto de instalacións, nesta delegación provincial (edificio administrativo Ronda da Muralla, 70, Lugo), e formula-las reclamacións, por duplicado, que se consideren oportunas durante o prazo de vinte días. Igualmente, os interesados poderán formular, se é o caso, e no mesmo prazo, as alegacións por escrito que estimen oportuno, podendo corrixi-los erros que se encontren ó relaciona-los bens afectados ata o mesmo momento do levantamento das actas previas.

Esta publicación realízase igualmente para os efectos do artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, cando os titulares dos predios propostos sexan descoñecidos ou se ignore o lugar de notificación, e así dirixirlle ó Ministerio Fiscal as dilixencias que se produzan, de conformidade co artigo 5 da Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954.

Lugo, 30 de setembro de 2003.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo

Relación de propietarios, bens e dereitos afectados

Expediente: 10/2003Provincia: Lugo

Reelectrificación de Figueiras e RegoTermo municipal: Mondoñedo

L.M.T. a C.T. de Coutada

PREDIOSPROPIETARIOSAFECCIÓN

ApoioVoo

NºLugarCultivoNome e apelidosEnderezonº apoiommlm

5AcibreiraPradoJosé González FernándezO Romeo, nº 5, Figueiras

27749 Mondoñedo

12,551903

10CCostiñaPradoJesús Díaz PitaR/ Vaz Conde, nº 4-4º B

15003 A Coruña

21

11AcibreiroPradoJosé González FernándezO Romeo, nº 5, Figueiras

27749 Mondoñedo

36761

20FontelaPradoJosé González FernándezO Romeo, nº 5, Figueiras

27749 Mondoñedo

63

21BCostiñaLabradíoJesús Díaz PitaR/ Vaz Conde, nº 4-4º B

15003 A Coruña

9140

25AO RomeoPradoLidia García FernándezR/ Cataluña, nº 13-4º D

33208 Gijón (Asturias)

19

PREDIOSPROPIETARIOSAFECCIÓN

ApoioVoo

NºLugarCultivoNome e apelidosEnderezonº apoiommlm

30O RomeoMonte altoJesús Díaz PitaR/ Vaz Conde, nº 4-4º B

15003 A Coruña

15324

38RegoMonte altoJesús Díaz PitaR/ Vaz Conde, nº 4-4º B

15003 A Coruña

16274

45ARegoMonte altoJesús Díaz PitaR/ Vaz Conde, nº 4-4º B

15003 A Coruña

8, œ(9)3,38981.195

48RegoMonte altoJesús Díaz PitaR/ Vaz Conde, nº 4-4º B

15003 A Coruña

œ(9)1,13881.221

L.M.T. a C.T. da Croa

PREDIOSPROPIETARIOSAFECCIÓN

ApoioVoo

NºLugarCultivoNome e apelidosEnderezonº apoiommlm

3GurreiraPradoJosé González Fernández O Romeo, nº 5, Figueiras

27749 Mondoñedo

37653

7VerxelesPradoJesús Díaz PitaR/ Vaz Conde, nº 4-4º B

15003 A Coruña

43

9CVerxelesPradoJosé González Fernández O Romeo, nº 5, Figueiras

27749 Mondoñedo

30

12VerxelesPradoJosé González Fernández O Romeo, nº 5, Figueiras

27749 Mondoñedo

1190

17FragaPradoJosé González Fernández O Romeo, nº 5, Figueiras

27749 Mondoñedo

35675

18FragaLabradíoFrancisco García FernándezAvda. Benito Galceran, nº 22-3º

Viveiro

38782

21SuasfragasPradoRemedios García FernándezAldea, nº 11, Figueiras

27749 Mondoñedo

44

23FragaPradoJesús Díaz PitaR/ Vaz Conde, nº 4-4º B

15003 A Coruña

12216

25FragaLabradíoJosé González Fernández O Romeo, nº 5, Figueiras

27749 Mondoñedo

10148

28FragaPradoLidia García Fernández R/ Cataluña, nº 13-4º D

Gijón

11

L.M.T. a C.T. do Romeo.

PREDIOSPROPIETARIOSAFECCIÓN

ApoioVoo

NºLugarCultivoNome e apelidosEnderezonº apoiommlm

2O RomeoErialJesús Díaz PitaR/ Vaz Conde, nº 4-4º B

15003 A Coruña

23281

4O RomeoPradoJosé González Fernández O Romeo, nº 5, Figueiras

27749 Mondoñedo

12,2519637

5CostiñaLabradíoJesús Díaz PitaR/ Vaz Conde, nº 4-4º B

15003 A Coruña

14