Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:
Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.
Domicilio social: Travesía de Vigo, 204, 36207 Vigo.
Denominación: ampliación C.T. Troncalillo.
Situación: concello de Vigo.
Descricións técnicas: ampliación do C.T. situado na Travesía de Vigo, O Troncal, no concello de Vigo, cun trafo de 630 kVA, R.T. 15 kV/380-220 V, quedando a instalación cunha potencia total de 1.630 kVA.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de vinte días.
Pontevedra, 29 de setembro de 2003.
Carmen Bianchi Valcarce
Delegada provincial de Pontevedra