Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 222 Venres, 14 de novembro de 2003 Páx. 14.122

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 12 de novembro de 2003, da Secretaría Xeral da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, pola que se convoca concurso público, declarado de urxencia, para a contratación do servicio de vixilancia e seguridade no Centro Residencial Docente (CRD) de Vigo dependente desta consellería. (Expediente 07/03SE).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

b) Dependencia que tramita o expediente: Subdirección Xeral de Construccións e Equipamento. Servicio de Contratación e Equipamento.

c) Número de expediente: 07/03SE.

2. Obxecto de contrato.

a) Descrición do obxecto: contratación do servicio de vixilancia e seguridade no Centro Residencial Docente (CRD) de Vigo dependente desta consellería.

b) Lugar de execución: Centro Residencial Docente (CRD) de Vigo.

c) Prazo de execución: desde o 1 de decembro de 2003 ata o 31 de decembro de 2004.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: 117.000 euros

5. Garantías.

Provisional: 2% do importe total de licitación.

6. Obtención de documentación e información.

6.1. Información:

a) Entidade: Oficina de Información da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

b) Domicilio: Edificio San Caetano, s/n. Santiago de Compostela.

6.2. Adquisición de pregos:

a) Teléfono: 981 59 23 90.

b) Domicilio: Rúa Nova de Abaixo, 12 - local 4 - Santiago de Compostela.

c) Así mesmo, poderanse obte-los pregos relativos a esta contratación no seguinte enderezo da Internet:

http://www.xunta.es/contratacion/resultado.asp?N= 3326

7. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: oito días contados a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, ás 14.00 horas.

b) Documentación que hai que presentar: a sinalada no punto 8 do prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación:

1ª Entidade: rexistro xeral da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria ou por correo.

2ª Domicilio: Edificio Administrativo San Caetano, s/n.

3ª Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15704.

8. Apertura das ofertas.

a) Entidade: Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

b) Domicilio: Edificio Administrativo San Caetano, s/n.

c) Localidade: Santiago de Compostela.

d) Data e hora: o quinto día hábil a contar desde o día seguinte á finalización do prazo para presentar ofertas, ás 11.00 horas.

9. Gastos de anuncios.

Por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 12 de novembro de 2003.

Néstor Valcárcel Teijeiro

Secretario xeral da Consellería de Educación

e Ordenación Universitaria