Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 222 Venres, 14 de novembro de 2003 Páx. 14.121

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 11 de novembro de 2003 pola que se anuncia a licitación, polo sistema de concurso aberto, para a construcción do Centro Sociocultural O Pedregal, na parroquia de Valadares (Vigo).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda.

b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Urbanismo.

c) Número de expediente: 03-01-Valadares (Vigo).

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: construcción do Centro Sociocultural O Pedregal, na parroquia de Valadares (Vigo).

b) Lugar de execución: Valadares (Vigo).

d) Prazo de execución: quince (15) meses.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: un millón cincocentos cincuenta mil seiscentos once euros con vintedous céntimos (1.550.611,22 euros).

5. Garantía provisional.

Esixirase unha fianza provisional de trinta e un mil doce euros con vintedous céntimos (31.012,22 euros), dispensada segundo o artigo 35 do Real decreto lei 2/2000, do 16 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da LCAP.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Copynino.

b) Enderezo: Xeneral Pardiñas, nº 2.

c) Localidade e código postal: 15701 Santiago de Compostela (A Coruña).

d) Teléfono: 981 58 89 38.

e) Telefax: 981 58 89 38.

f) Data límite de obtención de documentos e información: trece (13) días contados a partir do seguinte a aquel no que se produza a publicación desta resolución no Diario oficial de Galicia.

O custo total para adquiri-la copia de toda a documentación ascende a noventa e catro euros con dezasete céntimos (94,17 euros), (IVE incluído).

7. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación, de se-lo caso: grupo C); subgrupo 2; categoría e).

8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: trece (13) días contados a partir do seguinte a aquel no que se produza a publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

b) Documentación que hai que presentar: a que figura no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: no rexistro xeral.

1. Entidade: Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, Dirección Xeral de Urbanismo.

2. Enderezo: edificios administrativos San Caetano.

3. Localidade e código postal: 15781 Santiago de Compostela.

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: tres (3) meses desde a apertura das proposicións.

e) Admisión de variantes.

Oferta base: axustarase ó proxecto; non se admite ningunha modificación agás o prezo.

Oferta variante: admitirase modifica-lo prazo.

9. Apertura das ofertas: en acto público, na sala de xuntas.

a) Entidade: Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda.

b) Enderezo: edificios administrativos San Caetano.

c) Localidade: Santiago de Compostela (A Coruña).

d) Data: décimo (10º) día hábil, que non coincida en sábado, contado a partir do seguinte a aquel no que remate o prazo de presentación das proposicións.

e) Hora: ás 10.00 horas.

10. Outras informacións.

As que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

11. Gastos do anuncio.

Os gastos deste anuncio serán por conta do adxudicatario (custo máximo estimativo por liña: 9,38 euros).

12. De se-lo caso, portal informático ou páxina web onde figuren as informacións relativas á convocatoria ou onde se poden obte-los pregos: www.xunta.es/contratación/resultado.asp/N=3313.

Santiago de Compostela, 11 de novembro de 2003.

P.D. (Orde 6-3-2003, DOG nº 50, do 12 de marzo)

José Antonio Fernández Vázquez

Secretario xeral da Consellería de Política

Territorial, Obras Públicas e Vivenda