Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:
Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.
Domicilio social: Travesía de Vigo, 204, 36207 Vigo.
Denominación: L.M.T., C.T. avda. de Silgar Es. Rocafor.
Situación: concello de Sanxenxo.
Descricións técnicas: L.M.T. subterránea a 20 kV con conductor tipo R.H.Z. de 55 m de lonxitude, con orixe na L.M.T. VLG804, entre os CC.TT. Castelao e Vicaño e remate no mesmo punto unha vez
que entre e saia do C.T. que se proxecta de 630 kVA, R.T. 20 kV/380-220 V, situado en Sanxenxo.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de vinte días.
Pontevedra, 1 de outubro de 2003.
Carmen Bianchi Valcarce
Delegada provincial de Pontevedra