Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 221 Xoves, 13 de novembro de 2003 Páx. 14.081

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA CORUÑA

ANUNCIO de información pública do expediente de expropiación forzosa en cumprimento do acordo plenario do 11 de novembro de 2002, relativo ás parcelas obxecto dos convenios subscritos o 11 de novembro de 1994.

A Alcaldía Presidencia, con data 3 de setembro de 2003, dictou a seguinte resolución:

«Primeiro.-Aprobar inicialmente o proxecto de expropiación das denominadas parcela nº 1 (propietarios: Luis Galán Sequeiros, Manuel Galán Barbeito e José Luis Galán Barbeito) e parcela nº 2 (Manuela Barbeito Miramontes e herdeiros de Manuel Barbeito Velo), como consecuencia da imposibilidade de dar cumprimento ós convenios do 11 de novembro e 1994 e do acordo plenario do 11 de novembro de 2002.

Segundo.-Optar polo procedemento de taxación conxunta para a tramitación do expediente.

Terceiro.-Requirir os interesados titulares de bens e dereitos afectados para que presenten os títulos que os acrediten como propietarios delas.

Cuarto.-Expoñer ó público o proxecto polo prazo dun mes, para que os que poidan resultar interesados formulen as observacións e reclamacións que consideren convenientes, en particular no que concirne á titularidade e valoración dos seus respectivos dereitos.

Quinto.-Notificar individualmente os que aparezan como titulares de bens e dereitos no expediente, mediante traslado literal da correspondente folla de aprecio e da proposta de fixación dos criterios de valoración, para que poidan formular alegacións no prazo dun mes contado a partir da data da notificación».

De conformidade co disposto no artigo 143.2º e 3º da Lei 9/2002, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, o citado expediente sométese a información pública polo prazo dun mes para que quen poida resultar interesado formule as observacións e reclamacións que considere pertinentes.

Para estos efectos indícase que o expediente pode consultarse durante o prazo dun mes nas dependencias da Área de Urbanismo (rúa do Parque-Antigo Cuartel de Intendencia) de luns a venres.

A presente resolución servirá de notificación para os interesados que resulten descoñecidos ou respecto dos cales se ignore o lugar para a práctica da notificación, de acordo co previsto no artigo 59 da Lei 30/1992.

A Coruña, 9 de outubro de 2003.

O alcalde

P.D.

José Luis Méndez Romeu