Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 221 Xoves, 13 de novembro de 2003 Páx. 14.081

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CARBALLO

ANUNCIO.

A Comisión de Goberno, en sesión que tivo lugar o 3 de novembro de 2003 adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

12. Estudio de detalle de aliñacións e rasantes na rúa que une a rúa Lirios e a rúa Matadoiro no núcleo urbano de Carballo.

Primeiro.-Aprobar inicialmente o estudio de detalle para completa-las aliñacións que figuran na cartografía do PXOM, e establece-las rasantes nunha rúa que enlaza as rúas Lirios e a rúa do Pan en solo urbano consolidado do núcleo de Carballo, redactado por Lara Martínez de la Rosa (arquitecta superior, Col. 2.689 COAG) e promovido por José Ramón Areosa Cotelo.

Segundo.-De acordo co previsto nos artigos 77.2º da Lei 9/2002, de ordenación urbanística e protección do medio rural, e 120 do R.D. 2159/1978, que aproba o Regulamento de planeamento, este acordo de aprobación inicial determina por si só a suspensión de procedemente de outorgamento de licencias no ámbito de estudio de detalle.

Terceiro.-Este acordo e o estudio de detalle someterase a información pública por un prazo de vinte días mediante anuncio que se publicará no Diario Oficial de Galicia e nun dos xornais de maior circulación na provincia. Durante o mencionado prazo

os interesados poderanlle formular ó documento cantas alegacións teñan por conveniente.

Os gastos da publicación serán satisfeitos polo promotor do estudio de detalle.

Cuarto.-Notificarlle este acordo a José Ramón Areosa Cotelo.

O que se fai publico para xeral coñecemento, co fin de que á vista do expediente se poidan formula-las alegacións que se consideren pertinentes, durante o prazo de vinte días, contado a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

O expediente pódese consultar na Oficina Técnica municipal, das 9.00 ás 14.00 horas de luns a venres.

Carballo, 5 de novembro de 2003.

Evencio Ferrero Rodríguez

Alcalde