Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 221 Xoves, 13 de novembro de 2003 Páx. 14.080

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CARBALLO

ANUNCIO.

A Comisión de Goberno, en sesión celebrada o 3 de novembro de 2003, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

13. Estudio de detalle para completar aliñacións e rasantes no predio Horta do Casino no núcleo urbano de Carballo.

Primeiro.-Aprobar inicialmente o estudio de detalle para completa-las aliñacións e rasantes, no ámbito denominado Horta do Casino, situado en solo urbano consolidado do núcleo urbano de Carballo, redactado por Manuel Otero Souto (arquitecto superior col. 1958 COAG) e presentado por José Guillermo Regueiro Castro en nome propio e nos dos demais propietarios.

Segundo.-De acordo co previsto nos artigos 77.2º da Lei 9/2002, de ordenación urbanística e protección do medio rural e 120 do Real decreto 2159/1978, que aproba o Regulamento de planeamento, este acordo de aprobación inicial deter

mina por si só a suspensión de procedemento de outorgamento de licencias nas parcelas que dan fronte á rúa obxecto do estudio de detalle.

Terceiro.-Este acordo e o estudio de detalle someterase á información pública por un prazo de vinte días mediante anuncio que se publicará no Diario Oficial de Galicia e nun dos xornais de maior circulación na provincia. Durante o mencionado prazo os interesados poderán formular ó documento cantas alegacións teñan por conveniente.

Os gastos da publicación serán satisfeitos polo promotor do estudio de detalle.

Cuarto.-Comuníqueselles ós interesados as súas obrigas en relación con este anuncio de acordo coas cláusulas primeira e segunda do convenio urbanístico asinado co Concello de Carballo o día 16 de agosto de 2002 (pleno extraordinario do 19-12-2002).

O que se fai público para xeral coñecemento, a fin de que á vista do expediente poidan formularse as alegacións que se estimen pertinentes, durante o prazo de vinte días, contado a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia. O expediente pode consultarse na Oficina Técnica Municipal, en horario de 9.00 a 14.00 de luns a venres.

Carballo, 5 de novembro de 2003.

Evencio Ferrero Rodríguez

Alcalde