Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 221 Xoves, 13 de novembro de 2003 Páx. 14.080

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

CÉDULA do 16 de outubro de 2003, da Dirección Xerencia do Complexo Hospitalario Universitario Juan Canalejo-Marítimo Oza da Coruña, pola que se lles notifica ás persoas relacionados no anexo os prazos de ingreso en período voluntario e período executivo, polos servicios prestados neste centro.

Pola presente cédula, e debido a que os debedores comprendidos na relación que a continuación se insire, non puideron ser atopados nos enderezos que figuran nos rexistros deste centro, ou que se alegaron distintos motivos para non recibi-las notificacións polas persoas que a lexislación autoriza para facerse cargo delas, comunícase que:

Deberán ingresa-lo importe da débeda na conta bancaria 00460101650000401197 do Banco Gallego sucursal 0101 nos prazos que se sinalan no artigo 20 do R.D. 1684/1990, do 20 de decembro, polo que se aproba o Regulamento xeral de recadación (RXR), modificado a través de R.D. 448/1995, do 24 de marzo (BOE nº 74, do 28 de marzo).

Se se realiza o ingreso unha vez transcorridos os prazos establecidos no dito artigo 20 do RXR, esixiranse os correspondentes xuros de demora (artigo 21 da Lei 11/1992, do 7 de outubro, DOG nº 200, do 14 de outubro, de réxime financeiro e orzamentario de Galicia).

Transcorridos 6 meses desde a finalización sen que se produza o cobro, iniciarase o período executivo.

Contra esta liquidación poderase interpoñer no prazo de 15 días hábiles, a partir do seguinte a esta notificación, recurso potestativo de reposición ante o órgano emisor ou, no mesmo prazo, reclamación económico-administrativa ante o Tribunal Económico Administrativo da Comunidade Autónoma.

Para que conste e sirva de notificación ó interesado e en cumprimento do disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada por Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, expido, asino e selo esta cédula.

A Coruña, 16 de outubro de 2003.

Jesús Caramés Bouzán

Director xerente do Complexo Hospitalario

Universitario Juan Canalejo-Marítimo Oza da Coruña

ANEXO

SUXEITO PASIVODNI/NIFCONCEPTOPERÍODODÉBEDA

PASIN FRANCO, FERNANDO32751107FRA. 20020057129-1-2002223,37

TOSCANO VEGA, ANTONIO29779577FRA. 2003025367-4-2003236,55

FERNANDEZ ORO, CARLOS32431963PFRA. 20030412525-6-2003250,27

VILLAVERDE CASTRO, MIRIAM46906960FRA. 2003046308-7-2003236,55

FERNANDEZ BORQUE, ANTONIO53300438FRA. 20030488916-7-2003236,55