Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 221 Xoves, 13 de novembro de 2003 Páx. 14.082

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DAS NEVES

ANUNCIO de licitación.

Aprobado pola Comisión de Goberno deste concello o prego de condicións económico-administrativas, que rexerá o concurso por procedemento aberto e trámite de urxencia da obra denominada reforma de edificio para centro de día para maiores, exponse ó público polo prazo de catro días naturais seguintes ó da derradeira publicación deste anuncio no DOG e no BOP, para efectos de reclamacións. Simultaneamente anúnciase o concurso para a presentación de propostas, adiándose á licitación no caso de se formularen reclamacións contra o prego.

Obra: reforma do edificio para centro de día para maiores. Lugar de execución: As Neves. Prazo máximo de execución: dezaoito meses.

Tipo máximo de licitación: 244.545,13 euros, IVE incluído. A obra executarase en dúas anualidades:

Anualidade 2003: 35.000,00 euros.

Anualidade 2004: 209.545,13 euros.

Forma de adxudicación: concurso por procedemento aberto.

Tramitación: urxente.

Clasificación da empresa contratista: categoría C, grupo C, subgrupos 2, 4, 5, 6, 7 e 9.

Garantías: provisional: 2% do tipo de licitación. Definitiva: 4% do prezo de adxudicación.

Criterios de adxudicación: os establecidos no artigo 15 do prego de condicións.

Obtención da documentación e información: Casa do Concello das Neves.

Domicilio: praza da Cristiandade, s/n, 36440 As Neves (Pontevedra). Teléfono: 986 64 80 38. Fax: 986 64 80 52.

Data límite: ata o último día do prazo de presentación de ofertas.

Presentación de ofertas: durante 13 días naturais seguintes á publicación do derradeiro anuncio de licitación no BOP ou no DOG.

Documentación: a esixida no prego de condicións.

Lugar de presentación: rexistro xeral do Concello das Neves, das 9.00 ás 13.00 horas, de luns a sábados.

Apertura das ofertas: na Casa do Concello das Neves, ás 13.00 horas do día hábil seguinte ó día de remate do prazo para presentación de ofertas.

As Neves, 5 de novembro de 2003.

Raúl Emilio Castro Rodríguez

Alcalde-presidente