Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 220 Mércores, 12 de novembro de 2003 Páx. 13.996

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE OURENSE

CONCURSO de areas, ligantes, formigóns, barreiras de seguridade e marcas viarias para o primeiro semestre de 2004.

No BOP de Ourense, do día da data, publícanse íntegros os pregos de condicións para a contratación da subministración de areas, ligantes, formigóns, barreiras de seguridade e marcas viarias para o primeiro semestre de 2004, mediante concurso, en procedemento aberto e trámite ordinario. As ofertas e a documentación presentaranse ata as 14.00 horas do décimo quinto día natural seguinte ó da publicación deste anuncio no DOG, no rexistro da Deputación Provincial de Ourense. A apertura de plicas terá lugar o quinto día hábil posterior (agás sábados) á finalización do prazo de presentación de ofertas, ás 12.00 horas, no pazo provincial. A documentación necesaria, modelo de presentación e demais datos figuran no mencionado prego de condicións, que lles será facilitado gratuitamente ós que o soliciten, no

rexistro da Deputación Provincial de Ourense, rúa Progreso, 32, ou por teléfono: 988 38 51 00 e fax: 988 38 51 84.

Ourense, 5 de novembro de 2003.

José Luis Baltar Pumar

Presidente da Deputación Provincial de Ourense