Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 220 Mércores, 12 de novembro de 2003 Páx. 13.996

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

AXENCIA TRIBUTARIA

ANUNCIO do 13 de outubro de 2003, da Dependencia Rexional de Inspección de Galicia, de notificacións pendentes.

De conformidade co que establece o artigo 105 da Lei 230/1963, do 28 de decembro, xeral tributaria, modificado polo artigo 28 da Lei 66/1997, do 30 de decembro (BOE número 313, do 31 de decembro) de medidas fiscais, administrativas e da orde social e non sendo posible notifica-lo procedemento que se relaciona, a pesar dos intentos realizados, cítanse os interesados que figuran neste anuncio, relacionados no anexo adxunto, para que, no prazo de dez días contados a partir do seguinte ó desta publicación, pasen a retirar persoalmente ou mediante representante as notificacións que se indican na Delegación Especial da AEAT en Galicia, de luns a venres, en horario de 9.00 a 14.00 horas, no lugar que sinala, para o efecto de practica-la notificación do citado acto.

Así mesmo, advírteselles ós interesados que, de non comparecer no citado prazo, a notificación entenderase producida para tódolos efectos legais desde o día seguinte ó do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Órgano de tramitación: Dependencia Rexional de Inspección (URGGE).

Lugar de comparecencia: r/ Comandante Fontanes 10, 5ª planta, 15003 A Coruña.

A Coruña, 13 de outubro de 2003.

Dolores Sánchez Rodríguez

Xefa da Dependencia Rexional de Inspección de Galicia

ANEXO I

Relación de contribuíntes que se citan para seren notificados por comparecencia.

Órgano de tramitación: Dependencia Rexional de Inspección (URGGE).

Lugar de comparecencia: r/ Comandante Fontanes 10, 5ª planta, 15003-A Coruña.

Interesado: Vidrios Automáticos del Noroeste, S.A.

NIF: A-36771566.

Procedemento: trámite de audiencia baixa de oficio de gran empresa.