Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 220 Mércores, 12 de novembro de 2003 Páx. 13.996

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE TEO

ANUNCIO.

A Comisión de Goberno, en sesión que tivo lutar o 30-10-2003, adoptou entre outros o acordo de aprobar incialmente, por instancia de José Luis Barreiro Ferro, o estudio de detalle, relativo á modificación da aliñación oficial da parcela nº 26, situada en Sebe-Cacheiras, e clasificada como solo URTA nas normas de ordenación complementarias e subsidiarias do planeamento do concello.

A parcela ten unha superficie de 1.652 m, e linda: norte: parcela estremeira nº 25; sur: parcela estremeira nº 27; leste e oeste: con dúas pistas asfaltadas.

O expediente exponse ó público na secretaría do concello, polo prazo de vinte días contados desde a publicación deste anuncio no DOG, co obxecto de que os interesados poidan presenta-las alegacións que estimen oportunas.

Teo, 31 de outubro de 2003.

Armando Blanco Martínez

Alcalde