Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 220 Mércores, 12 de novembro de 2003 Páx. 13.995

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE MONFORTE DE LEMOS

ANUNCIO.

Con data 20 de outubro deste ano, esta Alcaldía e o representante da Sociedade Cooperativa Lemos, S.L. asinaron un convenio urbanístico, por medio do que o concello se compromete a clasificar e cualificar como terreos de uso industrial os da devandita sociedade, no Planeamento Municipal actualmente en trámite, de tal maneira que permita a legalización da fábrica de pensos e a nave existentes.

En cumprimento do disposto no artigo 237 da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, o

expediente exponse ó público, na secretaría do concello, por un prazo de vinte días hábiles, para os efectos da presentación das alegacións oportunas.

Monforte de Lemos, 4 de novembro de 2003.

Severino Rodríguez Díaz

Alcalde