Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 220 Mércores, 12 de novembro de 2003 Páx. 13.995

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE MIÑO

ANUNCIO de información pública do estudio de detalle do APOD-11 do Plan Xeral de Ordenación Municipal de Miño.

A Comisión de Goberno deste concello, na sesión do 24-5-2003, acordou aprobar inicialmente o estudio de detalle do APOD-11 do PXOM de Miño, presentado por José Antonio Rodríguez Manteiga como único propietario e redactado polo arquitecto Celada Gómez, con data do visado do COAG do 30-4-2003.

Sométese a información pública durante o prazo de vinte días, mediante a publicación de anuncios no taboleiro de edictos do concello, DOG e un dos xornais de maior circulación da provincia, conforme establece o artigo 86.2º da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia.

Faise público para o coñecemento xeral, con indicación de que o prazo de exposición pública entenderase aberto desde a publicación do primeiro anuncio ata transcorridos vinte días desde a última publicación.

O expediente atópase á disposición do público na secretaría do concello.

Miño, 23 de outubro de 2003.

Juan A. Maceiras Barros

Alcalde