Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 220 Mércores, 12 de novembro de 2003 Páx. 13.995

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DO INCIO

ANUNCIO.

No BOP nº 252, do 3 de novembro de 2003 publícanse integramente as bases da convocatoria realizada polo Concello do Incio para prover mediante sistema de concurso-oposición as prazas vacantes no cadro de persoal correspondentes á oferta de emprego público, ano 2003:

-Escala de Administración xeral, subescala administrativa, administrativo, prazas (1).

Os que reunindo os requisitos esixidos na convocatoria desexen participar neste procedemento selectivo, deberán presentar instancia no rexistro xeral do Concello do Incio, segundo o previsto no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro,

durante o prazo de vinte días naturais contados desde o seguinte ó da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Os sucesivos anuncios relativos a esta convocatoria serán publicados exclusivamente no BOP e no taboleiro de anuncios desta corporación.

O Incio, 4 de novembro de 2003.

Ángel Camino Copa

Alcalde-presidente