Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 220 Mércores, 12 de novembro de 2003 Páx. 13.995

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CANGAS

ANUNCIO.

O Concello Pleno, en sesión do día 19 de setembro de 2003 adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

Desestimar a alegación formulada no trámite de información pública por Carmen Fervenza Fortela e aprobar definitivamente o Plan especial de reforma interior da unidade de actuación nº 28 das previstas nas NN.SS. de P. municipal promovido polo concello e redactado polo arquitecto municipal Alfonso Lage Pérez.

Copias debidamente dilixenciadas do expediente e do instrumento de planeamento foron remitidos á Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda o 31 de outubro de 2003.

Contra este acordo poderá interpoñerse recurso contencioso-administrativo perante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir da publicación sen prexuízo de que se poida interpoñer calquera outro recurso que se estime pertinente.

Cangas, 31 de outubro de 2003.

José Enrique Sotelo Villar

Alcalde-presidente