Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 220 Mércores, 12 de novembro de 2003 Páx. 13.979

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO TRES DA CORUÑA

CÉDULA de notificación de sentencia (381/2003).

Eu, Juan Rey Pita, secretario do Xulgado do Social, número tres da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos número 381/2003, por instancia de Emilio Rey Seijo e outro contra empresa Palla Motor, S.L. sobre salarios, nos que recaeu sentencia en data 10 de octubre de 2003 que copiada nos particulares necesario di así:

«Que, estimando a demanda formulada por Emilio Rey Seijo e Manuel Javier López Santiago contra a empresa Palla Motor, S.L., condeno esta a lles aboa-la cantidad de 4.905,65 euros a Emilio Rey Seijo e 2.201,68 euros a Manuel Javier López Santiago que lles debe en concepto de salarios.

Notifíquese a presente resolución ás partes facéndolles saber que contra ela cabe interpoñer recurso de suplicación perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, Sala do Social, debendo anuncialo previamente ante este xulgado do social, no prazo de cinco días hábiles a partir do día seguinte da súa notificación.

A empresa demanda é previda de que para recorrer deberá acreditar ter ingresado na c/c de consignacións código 5604.0000.60.0381.03 de Banesto (0030) desta cidade Conta do Xulgado do Social número tres o importe da condena e 150,25 euros en concepto de depósito; sen estes requisitos non será admitido a trámite o recurso quedando firme a sentencia.

Así por esta miña sentencia da que se unirá certificación ós autos orixinais para a súa notificación e cumprimento, xulgando o pronuncio, mando e asino».

E para que conste, para efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación en forma á empresa Palla Motor, S.L., expido e asino esta cédula na Coruña o 14 de outubro de 2003.

Juan Rey Pita

Secretario xudicial

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS

E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA