Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 220 Mércores, 12 de novembro de 2003 Páx. 13.978

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO DOUS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (198/2002).

Gonzalo Jorge Cabaleiro de Saa, secretario do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous de Santiago de Compostela, dá fe e testemuño

que no xuízo de faltas no número 198/2002 dictouse sentencia cun encabezamento e parte dispositiva que di:

«Sentencia.

En nome de El-Rei.

En Santiago de Compostela o 19 de decembro de 2002.

Francisco Javier Míguez Poza, maxistrado-xuíz titular do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous desta cidade dictou esta resolución no xuízo de faltas seguido neste xulgado coa referencia número 198/2002 na que actuaron como partes, como denunciante José Carlos Regueira Gómez, asistido do letrado Carlos Pensado Vázquez e como denunciado Ramón Vicente Moure Iglesias.

Non foi parte o Ministerio Fiscal.

Dictamino que debo absolver e absolvo a Ramón Vicente Moure Iglesias da falta da que foi acusado declarando as custas de oficio.

Contra esta sentencia poderán interpoñe-los interesados recurso de apelación para ante a Audiencia Provincial no prazo de cinco días desde a notificación, mediante escrito de formalización no que se expoñerán ordenadamente as alegacións sobre quebrantamento das normas e garantías procesuais, erro na apreciación das probas ou infracción de precepto constitucional ou legal nas que se basee a impugnación, e fixarase o domicilio para notificacións. Se no recurso se pedira a declaración de nulidade do xuízo por infracción de normas ou garantías procesuais que causaren a indefensión do recorrente, nos termos tales que non poida ser emendada na segunda instancia, citaranse as normas legais ou constitucionais que se consideran infrinxidas e expresaranse as razóns da indefensión.

Así mesmo, deberá acreditarse terse pedido a emenda da falta ou infracción na primeira instancia, salvo no caso de que se cometeran no momento en que fora xa imposible a reclamación. No mesmo escrito de formalización poderá o recorrente pedi-la práctica de probas que non puido propoñer en primeira instancia, das propostas que lle foron indebidamente denegadas, sempre que formulara a oportuna reserva, e das admitidas que non foron practicadas por causas que non lle sexan imputables, expoñendo as razóns polas que a falta daquelas dilixencias de proba produciron indefensión.

Así, por esta miña sentencia, xulgando definitivamente na instancia, pronúncioa, mándoa e asínoa».

E para que conste e sirva de notificación de sentencia a Ramón Vicente Moure Iglesias, actualmente

en paradoiro descoñecido e a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, expido este edicto en Santiago de Compostela, trece de outubro de dous mil tres.

O/a secretario

Rubricado