Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 220 Mércores, 12 de novembro de 2003 Páx. 13.979

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 28 de outubro de 2003, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se emprazan os interesados no recurso contencioso-administrativo número 0000479/2003, interposto por José Luis Somoza Digón.

A Dirección Xeral da Función Pública recibiu da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, providencia pola que se admite a trámite o recurso contencioso-administrativo número 0000479/2003 interposto por José Luis Somoza Digón, contra a resolución da Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública do 1 de setembro de 2003, pola que se desestima o recurso de alzada contra a Resolución do 29 de xullo de 2003, do tribunal designado para xulga-lo proceso selectivo para o ingreso no corpo superior de Administración da Xunta de Galicia (grupo A), pola que se fai pública a relación de aspirantes que superaron a fase de oposición, contra a Resolución do 8 de agosto de 2003, pola que se eleva a definitiva a proposta de aspirantes que superaron o proceso selectivo para ingreso no corpo superior de administración da Xunta de Galicia (grupo A) (DOG nº 157, do 14 de agosto), a resolución da Escola Galega de Administración Pública

do 10 de setembro de 2003, pola que se anuncia e regula o II curso selectivo de ingreso na función pública galega para o grupo A (DOG nº 180, do 17 de setembro) e a Resolución do 18 de setembro de 2003, pola que se nomean funcionarios en prácticas os aspirantes que superaron a fase de oposición do devandito proceso selectivo (DOG nº 182, do 19 de setembro).

En consecuencia, esta dirección xeral acordou nesta data e de conformidade co disposto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa, a remisión do correspondente expediente administrativo á referida sala, o que se notifica para xeral coñecemento de tódalas persoas interesadas no procedemento e se emprazan para que poidan comparecer como parte nos autos na Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de 9 (nove) días, contados desde o seguinte ó da publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 28 de outubro de 2003.

Belén Prado Sanjurjo

Directora xeral da Función Pública