Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 220 Mércores, 12 de novembro de 2003 Páx. 13.974

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

ACADEMIA GALEGA DE SEGURIDADE

RESOLUCIÓN do 3 de novembro de 2003 pola que se convoca un curso básico do medio natural.

Dentro das actividades programadas para o ano 2003 en colaboración coa Deputación Provincial da Coruña, en virtude do convenio de formación asinado entre a Consellería de Xustiza, Interior e Administración Local e a Deputación Provincial da Coruña, anúnciase a realización dun curso básico do medio natural, que deberá desenvolverse conforme as seguintes bases:

-Obxectivos.

Coñece-la normativa máis importante que afecta á operativa ambiental.

Domina-la operativa básica de actuación profesional na área de medio natural.

-Publicación.

Esta actividade formativa, e tamén todas aquelas que se desenvolvan en colaboración coa Deputación Provincial da Coruña, serán obxecto de publicación no Diario Oficial de Galicia e no BOP da Coruña.

-Destinatarios.

O curso vai dirixido ós membros dos corpos de policía local da provincia da Coruña.

-Inscrición.

A inscrición dos participantes será totalmente gratuíta.

-Prazas.

30 prazas.

-Solicitudes.

1. O persoal que desexe participar neste curso deberá presentar, cuberta á máquina ou con letra moi clara, a instancia que figura no anexo.

2. O prazo para a presentación de instancias rematará o día 26 de novembro de 2003, ás 14.00 horas.

3. As instancias deberán enviarse á Deputación Provincial da Coruña, Servicio de Asistencia a Municipios (fax: 981 18 33 33), avenida Alférez Provisional, s/n, 15006 A Coruña; ou ben poden entregarse en calquera dos lugares previstos no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

-Datas.

O curso realizarase en datas do 1 ó 5 de decembro de 2003.

O horario será de 16.30 a 20.30 horas.

-Contido.

O curso desenvolverase en sesións de tarde, de luns a venres, e nel trataranse os seguintes módulos:

I. Animais en catividade. Caza e pesca.

II. Verteduras.

III. Residuos.

IV. Incendios.

V. Procedemento sancionador.

-Relación de admitidos.

A relación de admitidos farase pública o día 28 de novembro a partir das 14.00 horas, tanto pola Deputación Provincial da Coruña como pola Academia Galega de Seguridade, que os interesados poden coñecer e confirma-la súa asistencia chamando ós teléfonos 986 59 00 21 (AGS) ou 981 18 33 13 (Servicio de Asistencia a Municipios da Deputación Provincial da Coruña).

-Lugar.

O curso desenvolverase no Concello de Bergondo, nas aulas da Deputación Provincial do Pazo de Mariñán.

-Certificado de asistencia.

Ó remate do curso entregaráselles un certificado de asistencia a aquelas persoas que acrediten a súa participación continuada a el.

-Modificacións.

Tanto a Academia Galega de Seguridade como a Deputación Provincial da Coruña, se é o caso, poderán modifica-lo desenvolvemento do curso para adaptalo ás necesidades da Administración e ás continxencias que poidan xurdir.

A Estrada, 3 de novembro de 2003.

Juan José Fariñas-Ferro Rodríguez

Director xeral da Academia Galega de Seguridade

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E ADMINISTRACIÓN

LOCAL