Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 220 Mércores, 12 de novembro de 2003 Páx. 13.975

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E ADMINISTRACIÓN LOCAL

RESOLUCIÓN do 28 de outubro de 2003, da Secretaría Xeral da Consellería de Xustiza, Interior e Administración Local, pola que se lle dá publicidade á do 23 de setembro de 2003, da Dirección Xeral para a Administración Local do Ministerio para as Administracións Públicas (corrixida pola Resolución do 15 de outubro de 2003), pola que se efectúa a formalización definitiva de adxudicacións do concurso ordinario de traslados de funcionarios de Administración local con habilitación de carácter nacional convocado por Resolución do 28 de abril de 2003.

De conformidade co establecido no artigo 22.2º do Real decreto 1732/1994, do 29 de xullo, esta secretaría xeral no uso da competencia conferida polo art. 13 bis da Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia, e a Orde do 12 de febreiro

de 2003 sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos da Consellería de Xustiza, Interior e Administración Local,

DISPÓN:

Publica-la Resolución do 23 de setembro de 2003, da Dirección Xeral para a Administración Local do Ministerio para as Administracións Públicas (corrixida pola Resolución do 15 de outubro de 2003), pola que se efectúa a formalización definitiva de adxudicacións do concurso ordinario de traslados de funcionarios de Administración local con habilitación de carácter nacional, convocado por resolución da devandita dirección xeral do 28 de abril de 2003, e o anexo correspondente ó ambito territorial da Comunidade Autónoma de Galicia co contido que se sinala a continuación.

Santiago de Compostela, 28 de outubro de 2003.

Manuel E. Martínez Oubiña

Secretario xeral da Consellería de Xustiza, Interior e Administración Local

ANEXO

Resolución do 23 de setembro de 2003, da Dirección Xeral para a Administración Local do Ministerio

para as Administracións Públicas (corrixida pola Resolución do 15 de outubro de 2003), pola que se efectúa a formalización definitiva de adxudicacións do concurso ordinario de traslados de funcionarios de Administración local con habilitación de carácter nacional convocado por Resolución do 28 de abril de 2003.

Adoptados polas corporacións locais acordos de resolución do concurso ordinario de provisión de postos reservados a funcionarios de Administración local con habilitación de carácter nacional convocado por Resolución do 28 de abril de 2003, en cumprimento do disposto no artigo 21.4º do Real decreto 1732/1994, do 29 de xullo.

Observadas, tralo estudio conxunto das ditas resolucións, adxudicacións múltiples a favor dun mesmo concursante, e unha vez levado a cabo o preceptivo proceso de coordinación, co obxecto de evitar nomeamentos simultáneos en máis dunha corporación, esta dirección xeral, en cumprimento do disposto no artigo 22.2º do Real decreto 1732/1994, do 29 de xullo, no Real decreto 834/2003, do 27 de xuño, no artigo 8 do Real decreto 1000/2002, do 27 de setembro, e na disposición adicional sétima, 2, do Real decreto 1372/2000, do 19 de xullo.

Primeiro.-Efectua-la asignación final de postos ós concursantes que obtiveran máis dunha adxudicación, atendendo á súa orde de preferencia.

Segundo.-Formaliza-los nomeamentos definitivos dos concursantes nos postos adxudicados, de acordo coas resolucións das corporacións locais convocantes, e unha vez efectuado o proceso de coordinación, nos termos establecidos no anexo desta resolución.

Terceiro.-Os postos convocados, e excluídos do anexo, non foron obxecto de adxudicación por falta de solicitantes, por non reuniren estes os requisitos ou puntuación mínima, e por falta de remisión, polas corporacións locais, das resolucións do concurso a esta dirección xeral.

Cuarto.-O prazo de toma de posesión dos funcionarios ós que se lles formaliza o nomeamento, será de tres días hábiles, se se trata de postos na mesma localidade, e dun mes, se é primeiro destino ou posto de traballo en localidade distinta. O prazo de toma de posesión empezará a contarse a partir do día seguinte ó do cesamento, que deberá efectuarse dentro dos tres días hábiles seguintes á publicacion da presente resolución no Boletín Oficial del Estado. Se a resolución comporta o reingreso no servicio activo, o prazo de toma de posesión deberá computarse desde a dita publicación. Non obstante, os presidentes das corporacións poderán diferi-lo cesamento e a toma de posesión polo prazo que aconsellen as necesidades do servicio co límite establecido no artigo 23.2º do Real decreto 1732/1994, do 29 de xullo.

Quinto.-Os funcionarios que non tomen posesión nos postos de traballo obtidos no concurso nos prazos previstos nos artigos anteriores por causas impu

tables a eles serán declarados de oficio na situación administrativa de excedencia voluntaria por interese particular, contados desde o último día do prazo de toma de posesión.

Sexto.-As corporacións locais deberanlle remitir a esta dirección xeral ( Subdirección Xeral de Función Pública Local (praza de España 17, 28071 Madrid), e ó órgano correspondente da Comunidade Autónoma respectiva, copia da acta de toma de posesión e cesamento, dentro dos tres días hábiles seguintes a aquel no que se produzan.

Setimo.-Contra a presente resolución, que lle pon fin á vía administrativa, poderá interporse, potestativamente, recurso de reposición, no prazo dun mes, ante esta dirección xeral, ou recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, a elección dos interesados, ante o Tribunal Superior de Xustiza de Madrid ou o correspondente á circunscrición onde teñan o seu domicilio, de conformidade co disposto nos artigos 116 e 117 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, segundo a redacción dada pola Lei 4/1999, así coma nos artigos 10.1º i) e 14 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa, e sen prexuízo de calquera outro recurso que se puidese interpor.

Comunidade Autónoma de Galicia.

* Secretaría categoría superior

A Coruña:

Concello de Carballo. 1519001. Villán Fuertes, José, DNI: 9764560.

Concello de Culleredo. 1530001. Pastor Novo, Pilar María, DNI: 32775021.

Lugo:

Concello de Ribadeo. 2750002. Díaz Sánchez, Manuel J. Mª, DNI: 33833689.

* Secretaría categoría de entrada.

A Coruña:

Concello de Ames.1502001. Prada Queipo, Rosa Ana, DNI: 10869361.

Pontevedra:

Concello de Bueu. 3604001. Campos Acuña, Mª de la Concepción, DNI: 44076371.

Concello de Cambados. 3606001. Rueda de Valenzuela, Alfonso, DNI: 35308822.

* Intervención-Tesourería categoría de entrada

A Coruña:

Concello de Abegondo.1501001. Presas Beneyto, Jaime, DNI: 32825403.

Concello de Ames. 1502002. Rueda de Valenzuela, José Antonio, DNI 44080428.

* Secretaría-Intervención

Lugo:

Concello de Begonte. 2707001. Castiñeira Castiñeira, Manuel, DNI: 33815400.

Ourense:

Agrupación de Rúa (A). 3270001.

(Agrupación Secretaría). González Bello, Pilar, DNI: 10057554.

Pontevedra:

Concello de Forcarei. 3618001. Barreiro García, Adamantino. DNI: 35297759.

Concello de Tomiño. 3653001 (adxunto á Intervención) Pernas Romaní, Ricardo, DNI: 36027936.