Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 220 Mércores, 12 de novembro de 2003 Páx. 13.957

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E ADMINISTRACIÓN LOCAL

ORDE do 23 de outubro de 2003 pola que se resolve a cesión en propiedade de vehículos especialmente preparados para misións de protección civil.

Por Orde do 13 de marzo de 2003 (DOG nº 64, do 1 de abril), a Consellería de Xustiza, Interior e Administración Local anunciou normas para a cesión en propiedade ós concellos galegos de vehículos especialmente preparados para misións de protección civil.

Visto o informe técnico emitido polos servicios provinciais de protección civil e a proposta de resolución da comisión avaliadora, en aplicación do artigo 7 da Orde do 13 de marzo,

RESOLVO:

Primeiro.-Conceder con cargo á aplicación 13.04.231A.624.1 dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2003, a cesión en propiedade vehículos especialmente preparados para misións de protección civil, ós concellos da provincia da Coruña: Cerceda e da provincia de Ourense: Coles segundo se sinala no anexo I.

Segundo.-Notificárlle-lo contido desta resolución ós concellos beneficiarios, especificando as condicións particulares que deberán cumprir, e que se formalizará mediante acta na que constará o acordo da cesión e a aceptación do cesionario.

Terceiro.-Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso de reposición ante este mesmo órgano, no prazo dun mes, ou recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir do seguinte ó da publicación desta orde.

En todo caso, non se poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo ata que sexa resolto expresamente ou se produza a desestimación presunta do recurso de reposición.

Santiago de Compostela, 23 de outubro de 2003.

Jesús Carlos Palmou Lorenzo

Conselleiro de Xustiza, Interior e Administración

Local

ANEXO I

-Vehículo: Nissan Terrano 2.7 tdi comfort 5p A/A branco.

Nº de bastidor: VSKTVUR20U532064.

Concello: Cerceda.

-Vehículo: Nissan Terrano 2.7 tdi comfort 5p A/A branco.

Nº de bastidor: VSKTVUR20U531166.

Concello: Coles.