Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 220 Mércores, 12 de novembro de 2003 Páx. 13.958

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE ASUNTOS SOCIAIS, EMPREGO E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 9 de outubro de 2003, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se dispón o rexistro, o depósito e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, do convenio colectivo da empresa Dalphi-metal España, S.A.

Visto o texto do convenio colectivo da empresa Dalphi-metal España, S.A., con nº de código 3600492 que tivo entrada nesta delegación provincial o día 2-10-2003, subscrito en representación da parte económica pola representación da empresa, e da parte social, polo comité de empresa, en data 14-7-2003. De conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º, do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación provincial,

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro de rexistro de convenios colectivos de traballo desta delegación provincial, e a notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Vigo, 9 de outubro de 2003.

Joaquín Macías Sánchez

Delegado provincial de Pontevedra

Texto do convenio

Artigo 1º.-Ámbito de aplicación.

Este convenio será de aplicación ó persoal adscrito ós centros de traballo da empresa Dalphi-metal España, S.A., situados en Vigo e no Porriño (e por extensión a calquera lugar onde este persoal realice traballos por conta dela), tanto ó que xa se encontre

prestando servicios nos indicados centros como a todo aquel que ingrese no futuro durante a súa vixencia.

Artigo 2º.-Ámbito temporal e duración.

1. Este convenio entrará en vigor o día un de xaneiro de dous mil tres, independentemente da data da súa sinatura e a súa publicación no BOP ou no DOG.

2. A duración deste convenio será por dous anos a partir do un de xaneiro de 2003, concluíndo a súa vixencia o 31 de decembro de 2004.

3. Unha vez concluída a duración pactada, manterase a vixencia das cláusulas normativas nos termos que se pactase.

Artigo 3º.-Denuncia.

A denuncia, propondo a revisión do convenio por calquera das partes, realizarase por escrito e cunha antelación mínima de 15 días respecto á data de terminación da súa vixencia.

Artigo 4º.-Compensación de melloras e garantías individuais.

As condicións aquí pactadas, compensan e substitúen na súa totalidade ás que anteriormente rexeron por imperativos legais, xurisprudenciais, contenciosos ou administrativos, convenio sindical, pacto de calquera clase, etc. Respectarase o total dos ingresos individualmente percibidos con anterioridade ó convenio, sen que as normas deste poidan implicar mingua deles. Tal garantía será de carácter exclusivamente persoal, sen que poida entenderse vinculado a postos de traballo, categorías profesionais ou outras circunstancias análogas, polo que o persoal de novo ingreso non poderá alegar ó seu favor as condicións máis beneficiosas de que desfrutasen os productores que anteriormente ocupasen os postos de traballo a que sexan destinados ou promovidos.

Artigo 5º.-Indivisibilidade do convenio.

O convenio é un todo orgánico indivisible, polo que se entenderá nulo e sen efecto de ningunha clase no suposto de que non fose aprobado na súa integridade.

Artigo 6º.-Incrementos e revisións.

1. Ano 2003: aplicarase un incremento lineal anual por importe de 692 A, que se aplicará á base salarial, incrementado o importe actual deste concepto nas táboas do convenio (692 A dividido entre 425 días ó ano para o persoal con retribución diaria, e 692 A dividido entre 14 pagas ó ano para o persoal con retribución mensual).

Se ó 31-12-2003 o IPC real deste ano supera o 3%, revisaranse as táboas salariais na diferencia en que o IPC real do ano 2003 superase o 3%, e isto con efectos do 1-1-2003.

2. Ano 2004: aplicarase un incremento lineal anual por importe de 630 A, que se aplicará á base salarial, incrementado o importe actual deste concepto nas táboas do convenio (630 A dividido entre 425 días ó ano para o persoal con retribución diaria, e 630 A dividido entre 14 pagas ó ano para o persoal con retribución mensual).

Se ó 31-12-2004 o IPC real deste ano supera o 3%, revisaranse as táboas salariais na diferencia en que o IPC real do ano 2004 superase o 3%, e isto con efectos do 1-1-2004.

Artigo 7º.-Salarios.

Para o ano 2003, os salarios serán os establecidos na táboa anexa I deste convenio.

Artigo 8º.-Antigüidade.

Os complementos persoais de antigüidade consistirán en dous trienios e quinquenios sen ningunha limitación, nas respectivas contías sinaladas na táboa anexa I deste convenio.

Artigo 9º.-Vacacións.

1. Para todo o persoal comprendido no ámbito deste convenio establécense 30 días naturais ó ano de vacacións, ou a súa parte proporcional se non levara un ano de traballo ó servicio da empresa.

2. O desfrute das vacacións efectuarase nun período de 29 días naturais (ou a parte proporcional no caso de non ter devengada a totalidade do dito período) máis o 24 de decembro, salvo que este día coincida en sábado ou domingo; neste caso negociarase co comité de empresa a data de desfrute do indicado día no calendario laboral anual correspondente.

3. Os días de vacacións aboaranse antes de empeza-lo seu desfrute, en función da respectiva retribución por base salarial, antigüidade, complemento de toxicidade, perigosidade e penosidade, e da respectiva media percibida nos tres meses anteriores por incentivos.

Como excepción ó anterior, respecto a aqueles traballadores que nos tres meses anteriores á data de desfrute das vacacións estivesen en incapacidade temporal por calquera continxencia, e sempre que a alta teña lugar antes do inicio do desfrute das vacacións, a retribución por incentivo correspondente ós días de vacacións será, en lugar da respectiva media obtida por este concepto nos tres meses anteriores ó seu inicio, a media do incentivo obtido por fábrica neses tres meses.

4. O persoal que se encontre en situación de IT derivada de accidente de traballo, maternidade, accidente non laboral (con hospitalización) e enfermidade (con hospitalización) durante o período de desfrute das vacacións, terá dereito a que a empresa lle sinale outra data para o desfrute delas, sempre que cause alta da referida IT antes de concluí-lo ano natural.

Artigo 10º.-Licencias.

1. O traballador, logo de aviso e xustificación, poderá ausentarse do traballo con dereito a remuneración polos motivos que a seguir se detallan:

1º Matrimonio do traballador: 15 días naturais. En caso de ter lugar o feito causante (matrimonio) en período de desfrute de vacacións, os días de vacacións que coincidan cos días desta licencia desfrutaranse, posteriormente, dentro do ano natural.

2º Nacemento de fillos: 3 días laborais.

3º En caso de enfermidade grave do cónxuxe, parella de feito rexistrada ou de parentes ata 2º grao de consanguinidade (fillos, netos, irmáns, pais e avós do que solicita a licencia): 3 días naturais.

En caso de falecemento do cónxuxe, parella de feito rexistrada ou de parentes ata 2º grao de consanguinidade (fillos, netos, irmáns, pais e avós do que solicita a licencia): 3 días laborais.

4º En caso de falecemento ou enfermidade grave de parentes ata 2º grao de afinidade (pais, fillos, irmáns e avós políticos do que solicita a licencia): 2 días naturais.

5º Nos supostos previstos nos anteriores puntos 3º e 4º deste artigo, cando o traballador necesite facer un desprazamento para o efecto o permiso incrementarase en 2 días naturais.

6º En caso de matrimonio de fillo ou de irmán consanguíneo: 1 día natural.

7º Morte de tíos consanguíneos: 1 día natural; o desfrute da licencia poderá se-lo día do falecemento ou o día do enterro.

8º Para asistencia a consulta médica: 16 horas ó ano.

Acórdase, con carácter experimental e ata o 31-12-2004, a posibilidade de dispor das 16 horas ó ano para acompaña-la consulta médica a familiares a cargo do traballador.

9º Traslado de domicilio: 1 día laborable.

10º Polo tempo indispensable, para o cumprimento dun deber inescusable de carácter público e persoal. Cando conste nunha norma legal ou convencional un período determinado, aplicarase o que esta dispoña en canto á duración da ausencia e á súa compensación económica.

11º Para realizar funcións sindicais ou de representación do persoal nos termos establecidos legal ou convencionalmente.

12º As traballadoras, por lactación dun fillo menor de nove meses, terán dereito a unha hora de ausencia do traballo, que poderán dividir en dúas fraccións. A muller, pola súa vontade, poderá substituír este dereito por unha reducción de xornada normal nunha hora coa mesma finalidade. Este permiso poderá ser desfrutado indistintamente pola nai ou polo pai en caso de que ámbolos dous traballen.

2. O traballador terá dereito ó desfrute dos permisos non retribuídos necesarios para concorrer a exames, así como a unha preferencia a elixir quenda de traballo, cando asista ás clases e curse con regularidade estudios para a obtención dun título académico ou profesional e sempre que o aproveitamento dos seus estudios sexa como mínimo de superación do 75% das materias de que conste o curso correspondente.

3. O inicio do cómputo dos días de permiso efectuarase, para tódalas licencias, desde a data do feito causante, se ben o interesado, logo de acordo co departamento de persoal, poderá varia-la data de uso dos días de permiso ou licencias que lle correspondan.

Para os efectos das licencias por enfermidade grave considerarase que o feito causante o constitúe o ingreso en centro hospitalario e desde o día seguinte á data do ingreso computarase a licencia, salvo que o interesado comunicase ó departamento de persoal o seu desexo de desfrutar do permiso desde o día da intervención cirúrxica; neste caso computarase a licencia desde esta data.

Artigo 11º.-Complemento de toxicidade, perigosidade e penosidade.

Os traballadores de tódolos postos de traballo actuais, mesmo os capataces e o persoal técnico de taller, excepto o persoal administrativo, subalterno e resto do persoal técnico, percibirá un complemento consistente en 0,40 A por hora efectiva de traballo. Aboarase nas vacacións polos días laborais que correspondan.

Artigo 12º.-Incentivos e procedemento de implantación de tempos.

1. Tódolos traballadores se comprometen a alcanza-lo rendemento ou actividade habitual, o cal se cifra en 125 puntos sobre 133 do sistema de incentivos vixentes na empresa. A táboa de rendementos e valores do sistema de incentivos serán os que se establecen na táboa anexa II deste convenio. (Non será preciso nas tarifas de incentivos que se establecen, ter en conta o previsto no artigo 31 da Orde do 8 de maio de 1961, e no artigo 73 da ordenanza de industrias químicas, posto que as condicións pactadas implican xa as melloras que se establecen en tales disposicións). A prima do sistema de incentivos colectivo vixente terá que calcularse na mesma contía para tódolos traballadores dos centros de traballo de Dalphi-metal España, S.A. en Vigo e no Porriño.

O día 22 de cada mes será comunicado, mediante nota para o efecto colocada no taboleiro de anuncios da empresa, o rendemento alcanzado no período precedente de cálculo de incentivo.

2. Acórdase establece-lo seguinte procedemento para a implantación de tempos de producción derivados, tanto da introducción de novas pezas, operacións ou productos, como da modificación do método operatorio, de instalacións ou de equipo industrial.

2.1. Unha vez realizados os estudios de tempos correspondentes (cronometrándose a máis de 1 operario), a dirección da empresa notificaralles ós representantes dos traballadores os novos métodos e os seus tempos provisionais correspondentes, debendo observarse:

-Comunicación da data na que se contabilizarán para o cálculo dos incentivos.

-Un período de 11 días laborables de adaptación ós novos métodos e tempos; sendo contabilizados a partir dese momento para efecto de cálculo de incentivos e introducíndose para tódolos efectos no sistema global de xestión da empresa.

2.2. Dentro do dito período de adaptación de 11 días laborables o traballador poderá reclamar perante os representantes dos traballadores, realizándose as seguintes accións:

-De forma inmediata os representantes dos traballadores instarán unha reunión da comisión paritaria de productividade e competitividade que se creará para tal efecto (formada por 2 representantes dos traballadores e 2 representantes da dirección).

-Unha vez reunida a comisión paritaria, de non alcanzar ningún acordo se realizará unha comprobación do tempo coa presencia de 1 representante dos traballadores.

-No caso de continua-lo desacordo actuarase conforme o disposto no punto 2.3.

2.3. Nestes casos de desacordo ou conflicto, as partes someteranse á decisión dun técnico na materia designado polas partes conxuntamente ou, a falta de acordo por rotación, da seguinte lista:

-Frare Española, S.A. (r/ Ourense, 25 de Madrid).

-Tea Cegos (r/ Bernardino Sahagún, 34 de Madrid).

-Organización de Sistemas de Trabajo y Productividad, S.L. (r/ Carrera de San Jerónimo, 17 de Madrid).

Por acordo das partes, a comisión paritaria poderá amplia-la anterior relación.

2.4. Efectuado o dictame do técnico o tempo establecido por este substituirá desde este momento ó tempo estimado existente.

Artigo 13º.-Gratificacións extraordinarias.

As gratificacións extraordinarias de xullo e Nadal consistirán en 30 días da base salarial, máis antigüidade e a media do incentivo dos últimos tres meses.

O cálculo do devengo das indicadas gratificacións extraordinarias efectuarase semestralmente.

Artigo 14º.-Participación en beneficios.

1. Esta gratificación será efectiva durante o primeiro trimestre do ano seguinte ó do exercicio ó que esta corresponda.

2. A gratificación de participación en beneficios correspondente ó exercicio do ano 2003 e ó exercicio do ano 2004 aboarase na contía de 991,67 A máis a antigüidade se a houber e a media do incentivo obtido nos meses de outubro, novembro e decembro do exercicio ó que corresponde a gratificación.

Artigo 15º.-Premio ó non absentismo.

Establécese a cantidade de 91,11 A para tódalas categorías, aboables ó 30 de xuño e 30 de decembro, en concepto de premio ó non absentismo, para aque-

les traballadores que en cada un dos semestres do ano, non permanecesen de baixa por incapacidade temporal, excepto se esta é derivada de accidente laboral.

Como excepción á regra xeral anterior, se a baixa se produce no último mes dun semestre e a alta tivese lugar dentro do primeiro mes do semestre seguinte -é dicir, entre o 1 de xuño ó 31 de xullo e entre o 1 de decembro e o 31 de xaneiro-, o premio soamente se perderá no semestre no que a baixa se produza, non computándose esta baixa no semestre seguinte, sempre e cando non se volva producir outra baixa.

O pagamento desta gratificación realizarase no anticipo correspondente ó 15 de xaneiro e 15 de xullo respectivamente.

Artigo 16º.-Complemento de transporte.

Aboarase un complemento de transporte de 81,68 A mensuais, excepto no período de vacacións.

Artigo 17º.-Nocturnidade.

1. Para o ano 2003, a contía do complemento de nocturnidade fíxase en 6,50 A/día traballado en quenda de noite.

2. Para o ano 2004, a contía do complemento de nocturnidade fíxase en 6,75 A/día traballado en quenda de noite.

Artigo 18º.-Quenda especial.

1. Establécese un complemento salarial de posto de traballo para o persoal que preste os seus servicios na quenda especial co horario de traballo que inclúe os sábados e domingos.

2.1. Para o ano 2003, a contía do dito complemento salarial será de 2 A por cada hora ordinaria traballada en sábado ou domingo.

2.2. Para o ano 2004, a contía do dito complemento salarial será de 2,10 A por cada hora ordinaria traballada en sábado ou domingo.

Artigo 19º.-Xornada de traballo.

Para os anos 2003 e 2004 a xornada de traballo será de 1.752 horas/anuais de traballo efectivo.

Artigo 20º.-Formación profesional.

A formación profesional interesa tanto á dirección da empresa, como ó traballador, xa que beneficia a ámbalas dúas por igual, polo que se acorda:

1. A formación impartida durante a xornada ordinaria terá o tratamento de actividade ordinaria. Cando a formación teña lugar fóra da xornada ordinaria rexerase nos seguintes termos:

-A formación será de carácter voluntaria.

-Compartirase o tempo investido nela entre o traballador e a empresa por igual (remunerándose como xornada ordinaria a metade do tempo investida nela).

-A formación de operarios directos cando se dea producción de pezas, o operario será remunerado ó prezo de hora extra.

2. O tempo investido en formación non se computará, en ningún caso, como extraordinario.

3. Posto que o noso principal obxectivo é garanti-lo servicio ó cliente e co obxecto de compaxinar este coa formación; consideramos que calquera día é válido para impartir formación (laborables, sábados, días de expediente de regulación de emprego), exceptuándose os domingos, festivos e días de vacacións, agás pacto en contrario de desfrute posterior.

4. Estudiaranse as propostas do comité de empresa respecto de posibles plans de formación para realizar na empresa.

Artigo 21º.-Absentismo.

1. En caso de incapacidade temporal derivada de accidente de traballo ou enfermidade profesional, garantiranse as cantidades necesarias para completa-las prestacións da Seguridade Social ata o 100% da base total de cotización.

2. En caso de incapacidade temporal derivada de enfermidade común con hospitalización ou de accidente non laboral con hospitalización, a partir do día da hospitalización e ata a súa reincorporación ó posto de traballo completaranse as prestacións da Seguridade Social ata o 90% da base total de cotización.

3. No suposto de incapacidade temporal derivada de enfermidade común de longa duración ou de accidente non laboral de longa duración, certificada por especialistas, a partir do décimo sexto día mentres dure a situación de IT e como máximo ata 18 meses desde o inicio da IT, completaranse as prestacións da Seguridade Social ata o 90% da base total de cotización.

4. Ás prestacións por incapacidade temporal derivada de enfermidade común, a partir do décimo primeira día e ata o corenta ámbolos dous incluídos, engadiráselle un complemento de prestacións de 2,25 A/día.

Artigo 22º.-Comisión paritaria.

Para solucionar tódalas dúbidas e diferencias que poidan xurdir durante o período de vixencia do convenio, en canto á súa interpretación e aplicación se refire, serán canalizados a través da comisión paritaria, en canto que serán estudiadas e propostas as solucións e decisións que en cada caso ou situación se requiran, todo isto sen prexuízo da facultade que cada unha das partes que requira a intervención da autoridade laboral competente e as accións que a lei outorga para acudir á vía xurisdiccional e administrativa. Esta comisión paritaria estará composta por dous membros de cada representación.

A indicada comisión paritaria iniciará o estudio para a actualización das actuais categorías profesionais que figuran no convenio, debendo concluír tal estudio antes dun ano.

Artigo 23º.-Seguridade e saúde laboral.

1. Formarase un comité de seguridade e saúde nos termos que marca a lei.

2. O comité de seguridade e saúde terá tódolos dereitos que a normativa legal prevé, ademais de exercer un labor de vixilancia das condicións de seguridade e hixiene de tódolos postos de traballo, seccións ou dependencias da fábrica onde o persoal preste servicios.

3. O comité de seguridade e saúde informará a dirección da empresa dos defectos e perigos que advirtan en materia de seguridade e hixiene, ós que proporán, se é o caso, as medidas preventivas necesarias.

4. O comité de seguridade e saúde poderá solicita-la información que estea en poder da empresa sobre os riscos que poidan ocasiona-la manipulación dos productos que se utilicen no proceso productivo.

5. Roupa de protección: a empresa informará o comité de seguridade e saúde sobre as pezas de roupa de protección que se lle faciliten ó persoal.

6. Recoñecemento médico: tódolos traballadores da empresa terán dereito e obriga a unha revisión médica ó ano, entre os meses de marzo e xuño. Aqueles traballadores que polo seu habitual posto de traballo estean expostos a un maior risco de contaminación (planta de escumado e cadea de pintura) terán dereito e obriga a dous recoñecementos médicos de carácter específico ó ano, un entre os meses de marzo e xuño e o outro entre os meses de novembro e decembro. O recoñecemento médico efectuarase durante a xornada laboral e o tempo investido nel será retribuído.

7. Daqueles accidentes de traballo que sexan cualificados como graves ou moi graves pola mutua patronal de accidentes de traballo, a empresa facilitará fotocopia do parte de accidente ó comité de seguridade e saúde.

8. Fíxanse como límites normais de temperatura e humidade nos locais polos distintos traballos, sempre que o proceso de fabricación o permita os seguintes:

-Para traballos sedentarios, de 17 a 22 graos centígrados.

-Para traballos ordinarios, de 15 a 18 graos centígrados.

-Para traballos que esixan acusado esforzo muscular, de 12 a 15 graos centígrados.

A humidade relativa da atmosfera oscilará de 40 a 60 por cento, salvo nas instalacións que haxa perigo por xerarse electricidade estática que deberá estar por riba do 50 por cento.

9. En todo centro de traballo existirán retretes con descarga automática de auga corrente e papel hixiénico. Instalaranse con separación de sexos, cando se empreguen máis de dez traballadores. Nos retretes que vaian ser utilizados por mulleres instalaranse recipientes especiais pechados.

10. En tódolos traballos ó aire libre dotarase ós traballadores de roupa de protección persoal para evitar rigores climáticos.

11. O soldador e os seus axudantes en operacións propias da función disporán e utilizarán viseiras, capuchóns ou pantallas para protección da súa vista e discos ou manoplas para protexe-las súas mans, mandís de coiro e botas, que reunirán as características sinaladas no capítulo XIII da ordenanza xeral de seguridade e hixiene.

12. Extintores portátiles: en proximidade ós postos de traballo con maior risco de incendio, colocados en sitio visible e accesible disporanse extintores portátiles ou móbiles sobre rodas, de escuma física ou química, mestura de ámbalas dúas ou pos secos, anhídrido carbónico ou auga segundo conveña á causa determinante do lume que haxa que extinguir. Cando se empreguen distintos tipos de extintores serán rotulados con carteis indicadores do lugar e clase de incendio no que se deben empregar.

Instruirase o persoal, cando sexa necesario, do perigo que presenta o emprego de tetracloruro de carbono e cloruro de metilo en atmosferas pechadas, e das reaccións químicas perigosas que se poidan producir nos locais de traballo entre os líquidos extintores e as materias sobre as que se poidan proxectar.

Os extintores serán revisados periodicamente e cargados segundo as normas das casas constructoras inmediatamente despois de usalos.

13. Equipos contra incendios: nas industrias ou centros de traballo con grave risco de incendios instruirase e adestrarase especialmente o persoal integrado no equipo ou brigada contra incendios, sobre o manexo e conservación das instalacións e material extintor, sinais de alarmas, evacuación dos traballadores e socorro inmediato ós accidentados. O persoal dos equipos contra incendios disporá de cascos, traxes illantes, botas e guantes de amianto e cintos de seguridade, así mesmo disporá se for preciso, para evitar específicas intoxicacións ou sufocación, de máscaras ou equipamento de respiración autónoma. O material asignado ós equipos de extinción de incendios, escalas, cubertas de lona ou tecidos ignífugos, hachas, picos, pas, etc. non poderá ser usado para outros fins e a súa localización será coñecida polas persoas que deban empregalo. A empresa designará o xefe de equipo ou brigada contra incendios, que cumprirá estrictamente as instruccións dictadas polo comité de seguridade e

saúde para a extinción de lume e as do servicio médico da empresa para o socorro dos accidentados.

Artigo 24º.-Roupa de traballo.

1. Proverase a todo o persoal de dúas pezas de roupa de traballo ó ano, a entrega das cales se efectuará no mes de xaneiro. Ó persoal que preste os seus servicios nas cadeas de inxección e pintura ou postos de traballo con características similares (industrialización, lanzamentos, forrado, etc...) como

mínimo seis meses no ano entregaráselle unha peza máis ou mandil no mes de xullo.

2. O persoal poderá utiliza-la roupa de traballo que lle fose facilitada no ano en curso e no anterior.

3. Así mesmo, ó persoal de fabricación tanto directo como indirecto se lle entregará anualmente un par de zapatos de seguridade; ó persoal da planta metálica, en lugar do par referido de zapatos, daráselle anualmente un par de botas de seguridade.

Artigo 25º.-Medidas sindicais.

As horas do crédito horario establecido legalmente para os membros do comité de empresa ou delegados sindicais poderán ser acumuladas en favor dun ou varios membros do comité, logo de aviso ó departamento de persoal no mes anterior á acumulación, salvo as circunstancias ou casos excepcionais nos que non se poida facer coa dita antelación, e debendo constar en todo caso por escrito a conformidade do membro cedente do seu crédito horario.

Artigo 26º.-Capacidade diminuída.

No suposto de invalidez permanente parcial, o traballador afectado terá dereito preferente para ocupar aquela vacante de posto de traballo existente ou de nova creación que poida desempeñar con eficacia suficiente e sexa da súa categoría profesional. No expediente interno que se incoe para o efecto oirase o comité de empresa e o servicio médico da empresa.

Artigo 27º.-Seguro colectivo.

1. A empresa comprométese a actualiza-la póliza de seguros a favor dos traballadores da empresa, para cubri-las continxencias e polos capitais que se sinalan:

a) En caso de falecemento por causas naturais: doce mil setecentos cincuenta (12.750 A) euros.

b) En caso de falecemento por accidente: vinte mil setecentos (20.700 A) euros.

c) En caso de invalidez permanente absoluta para todo traballo derivada de accidente: vintetrés mil cento trinta e nove (23.139 A) euros.

d) En caso de invalidez permanente absoluta para todo traballo derivada de enfermidade: dezanove mil oitocentos trinta e catro (19.834 A) euros.

2. O compromiso adquirido neste artigo producirá efecto e entrará en vigor a partir do próximo 1 de outubro de 2003.

Artigo 28º.-Xubilación.

1. Xubilación forzosa: para todo o persoal incluído no ámbito de aplicación deste convenio establécese a xubilación forzosa e cesamento na empresa ó alcanza-la idade regulamentaria (65 anos) para acceder á situación protexida de xubilación, sempre que o traballador reúna o período mínimo de carencia (actualmente, 15 anos) esixido no sistema da Seguridade Social para causar dereito á pensión de xubilación. No caso de que o traballador afectado non acreditase o indicado período mínimo de carencia

para causar dereito á pensión de xubilación, poderá continua-la súa vinculación e prestación de servicios na empresa polo tempo necesario ata alcanza-lo referido período mínimo de carencia (15 anos).

Como excepción á obrigada xubilación forzosa e cesamento na empresa ó alcanza-la idade regulamentaria (65 anos), establécese a posibilidade de que o traballador que nesa data non acredite o período de cotización efectiva e/ou bonificada (35 anos de cotización) para ter dereito á pensión de xubilación do 100% da base reguladora poida prorroga-la súa vinculación e prestación de servicios na empresa polo tempo necesario para alcanza-lo requirido período de cotización (35 anos) e, en calquera caso, como máximo durante tres anos máis (ata os 68 anos de idade).

2. Xubilación voluntaria anticipada: os traballadores con 64 anos cumpridos que desexen acollerse á xubilación co 100% dos seus dereitos nas condicións previstas no Real decreto 1194/1985, do 17 de xullo, comunicarán a súa decisión á empresa cun mes de antelación á data da súa xubilación. Recibida a anterior comunicación, a empresa deberá proceder, simultaneamente co cesamento por xubilación, á contratación do traballador substituto nos termos e condicións do referido Real decreto 1194/1985, do 17 de xullo.

Respecto ós traballadores con 63 anos de idade, a empresa poderá estudia-las eventuais propostas que lle formule calquera empregado deste colectivo.

Artigo 29º.-Lexislación subsidiaria.

No non previsto neste convenio e demais normativa de índole xeral, as partes contratantes expresamente conveñen en que o texto da ordenanza de traballo para as industrias químicas do 14 de xullo de 1974 se aplicará a título de dereito dispositivo en canto as ditas materias non estean reguladas polo convenio colectivo, e Estatuto do traballador e pola LOLS no relativo a sindicatos, comité de empresa e seguridade e hixiene no traballo.

Artigo 30º.-Comisión negociadora.

Este convenio colectivo foi negociado entre a totalidade do comité de empresa do centro de traballo de Vigo e o delegado de persoal do centro de traballo do Porriño e a representación da dirección da empresa.

Disposicións adicionais

Primeira.-Diferenciación entre oficina técnica/servicios comúns e fabricación.

O comité de empresa é partícipe da diferente regulación en canto ás condicións laborais, distribución de xornada ordinaria e/ou extraordinaria e calendario laboral que debe existir nos departamentos de oficina técnica/servicios comúns (industrialización, enxeñería, loxística externa, administración, persoal, planificación de producción, contabilidade analítica, laboratorio), respecto ó departamento de fabricación, dadas as especiais características que concorren na

actividade que desenvolverán naqueles departamentos. Informarase debidamente o comité de empresa.

Segunda.-Contratación temporal.

Establécese, expresamente, que durante a vixencia deste convenio será de aplicación á empresa o pactado no nº 9 e nº 2 do artigo 13 do XIII Convenio xeral da industria química (BOE nº 152, do 26 de xuño de 2001).

Táboa anexa I

(ano 2003)

Categoría profesionalBase salarial

mensual euros

Trienio mes

euros

Quinquenio

mes euros

Director técnico1.496,1627,9755,96

Subdirector técnico1.351,6025,5351,05

Técnico xefe1.187,1323,1346,19

Técnico1.105,8120,6641,36

Perito enxeñeiro técnico1.036,3719,6839,41

Graduado social904,0319,6839,41

Axudante técnico941,7819,6839,41

Mestre industrial889,4919,6839,41

Contramestre926,0319,6839,41

Encargado904,0519,6839,41

Capataz867,8819,6839,41

Auxiliar de laboratorio824,6919,6839,41

Aspirante auxiliar de laboratorio641,8313,5226,98

Xefe organización de 1ª973,5019,6839,41

Xefe organización de 2ª929,9919,6839,41

Técnico organización de 1ª899,2819,6839,41

Técnico organización de 2ª871,5319,6839,41

Auxiliar de organización812,2019,6839,41

Aspirante de organización641,8313,5226,98

Xefe de 1ª administrativo1.037,0519,6839,41

Xefe de 2ª administrativo973,5119,6839,41

Oficial de 1ª administrativo925,1219,6839,41

Oficial de 2ª administrativo889,4919,6839,41

Auxiliar administrativo806,4719,6839,41

Aspirante administrativo641,8313,5226,98

Delineante proxectista997,2419,6839,41

Delineante940,4319,6839,41

Calcador866,0719,6839,41

Auxiliar técnico oficina806,4719,6839,41

Aspirante641,8313,5226,98

Almaceneiro823,4919,6839,41

Conserxe799,6719,6839,41

Capataz de peón808,0319,6839,41

Listeiro795,4319,6839,41

Basculeiro780,1119,6839,41

Garda xurado780,1119,6839,41

Persoal sanitario non titulado759,7519,6839,41

Garda vixilante766,8719,6839,41

Ordenanza771,1719,6839,41

Porteiro771,1719,6839,41

Diversos771,1719,6839,41

Aprendiz641,8313,5226,98

Categoría profesionalBase salarial

diaria euros

Trienio día

euros

Quinquenio

día euros

Limpadora24,940,661,31

Oficial de 1ª auxiliar27,030,661,31

Oficial de 2ª auxiliar26,270,661,31

Oficial de 3ª auxiliar26,090,661,31

Aprendiz de 16 anos20,750,450,88

Aprendiz de 17 anos20,750,450,88

Profesional de 1ª industrial26,270,661,31

Profesional de 2ª industrial26,090,661,31

Axudante25,840,661,31

Peón25,600,661,31

Categoría profesionalBase salarial

diaria euros

Trienio día

euros

Quinquenio

día euros

Pinche de 16 a 17 anos21,770,450,88

Encargado de actividades comple.26,270,661,31

Oficial de 1ª A.C.26,090,661,31

Oficial de 2ª A.C.25,040,661,31

Aprendiz primeiro ano18,940,360,68

Aprendiz segundo ano19,820,360,68

Categoría profesionalBase salarial

mensual euros

Trienio mes

euros

Quinquenio

mes euros

Persoal técnico

Axudante técnico sanitario889,4919,6839,41

Profesor EXB889,4919,6839,41

Analista de laboratorio832,8219,6839,41

Xefe de proceso de datos1.187,1323,1446,24

Analista1.036,3719,6839,41

Xefe de explotación1.036,3719,6839,41

Programador de ordenadores930,0019,6839,41

Programador de máquinas auxiliares941,8719,6839,41

Operador de ordenadores941,8719,6839,41

Empregados

Xefe de vendas, prop. e/ou publicidade1.037,0519,6839,41

Inspector1.005,1219,6839,41

Delegado951,7519,6839,41

Axente de propaganda e/ou publicidade917,0319,6839,41

Viaxante917,0319,6839,41

Corredor en praza871,1219,6839,41

Táboa anexa II

Incentivos (ano 2003)

RendementosEuros

104 25,23

110 55,02

116 87,15

122142,18

125169,72

126178,89

127188,06

128197,23

129206,41

130215,60

131224,71

132233,91

133236,20