Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 220 Mércores, 12 de novembro de 2003 Páx. 13.953

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 16 de outubro de 2003 pola que se autoriza o cambio de titularidade do centro privado Concepción Arenal-Malvedo de Coles (Ourense).

Examinado o expediente presentado por María Piedad García Pérez, no que solicita o cambio de titularidade do centro privado Concepción Arenal-Malvedo de Coles (Ourense).

Resultando que mediante escritura pública notarial, María Piedad García Pérez cede a súa titularidade, para tódolos efectos, a Colegio Concepción Arenal Malvedo, S.L.

Resultando que o referido centro docente ten a correspondente autorización para impartir ensinanzas.

Vistos o Real decreto 1004/1991, do 14 de xuño (BOE do 26 de xuño), polo que se establecen os requisitos mínimos dos centros que imparten ensinanzas de réxime xeral non universitarias, Decreto 133/1995, do 10 de maio (DOG do 22 de xuño), sobre autorización de centros docentes privados para impartir ensinanzas de réxime xeral non universitarias e a Orde do 20 de setembro de 1995 (DOG do 15 de decembro) que o desenvolve.

Considerando que se cumpriron neste expediente os requisitos esixidos pola normativa vixente nesta materia.

Esta consellería, por proposta da Dirección Xeral de Centros e Ordenación Educativa,

DISPÓN:

Autoriza-lo cambio de titularidade do centro privado Concepción Arenal-Malvedo de Coles (Ourense), código 32016731, a favor de Colegio Concepción Arenal Malvedo, S.L., con tódolos dereitos e obrigas contraídas pola cesionista María Piedad García Pérez, sen prexuízo das responsabilidades que puidesen recaer sobre o anterior titular do centro por actos ou omisións realizados antes do cambio de titularidade que se autoriza.

O cambio de titularidade non afectará o réxime de funcionamento do centro.

Santiago de Compostela, 16 de outubro de 2003.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria

CONSELLERÍA DE POLÍTICA AGROALIMENTARIA E

DESENVOLVEMENTO RURAL