Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 220 Mércores, 12 de novembro de 2003 Páx. 13.951

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

DECRETO 402/2003, do 29 de outubro, polo que se declara, en concreto, a utilidade pública e se dispón a urxente ocupación dos bens e dereitos afectados polo proxecto de construcción da conexión entre as estradas PO-310 e PO-531 en Campañó (Poio), treito: II, clave: PO/02/017.01.02.

Con data do 19 de febreiro de 2003 o director xeral de Obras Públicas, por delegación do conse

lleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda aprobou o proxecto de construcción da conexión entre as estradas PO-310 e PO-531 en Campañó (Poio), treito: II, clave: PO/02/017.01.02.

Os bens e dereitos nos que se concreta a declaración de urxente ocupación aparecen recollidos e valorados no citado proxecto.

A competencia para efectua-la declaración de urxente ocupación tena atribuída a Xunta de Galicia en virtude do artigo segundo do Decreto 156/1982, do 15 de decembro, sobre asunción de transferencias en materia de estradas e a súa asignación á Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, considerándose xustificada na referida declaración de urxente ocupación pola súa incidencia na seguridade vial, tanto no treito que une as glorietas situadas sobre a PO-531 e sobre PO-310 como do camiño do Vao ámbolos dous incluídos no Plan Xeral de Poio, xa que é necesario completar, nesta zona, a estructura xeral e orgánica do territorio do Concello de Poio e, tamén, organiza-la rede de estradas (autopista PO-531, PO-310, vías locais de Poio, vías locais de Pontevedra ...) que facilite o fluxo de vehículos entre Poio, Pontevedra, Sanxenxo e Vilagarcía de Arousa completando outras actuacións da Comunidade Autónoma que, sen esta non permitiría completa-los obxectivos de maior

seguridade de peóns e maior fluidez, e, en consecuencia, menor sinistralidade no tráfico de vehículos pesados e lixeiros na zona.

En virtude de todo o exposto e en aplicación do artigo 28.2º do Estatuto de autonomía de Galicia e dos artigos 10 e 52 da Lei de expropiación forzosa, en relación con previsto no artigo 16 da Lei 4/1994, do 14 de setembro de estradas de Galicia, por proposta do conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda e logo de deliberación do Consello da Xunta na súa reunión do día vintenove de outubro de dous mil tres,

DISPOÑO:

Artigo único.-Declara-la utilidade pública e a urxente ocupación dos bens e dereitos necesarios e que se concretan no expediente administrativo instruído, para efectos de expropiación, no proxecto de construcción da conexión entre as estradas PO-310 e PO-531 en Campañó (Poio), treito: II, clave: PO/02/017.01.02.

Santiago de Compostela, vintenove de outubro de dous mil tres.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

Alberto Núñez Feijoo

Conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas

e Vivenda