Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 220 Mércores, 12 de novembro de 2003 Páx. 13.951

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

CORRECCIÓN de erros.-Orde do 22 de outubro de 2003 pola que se convocan as probas específicas para a obtención dos diplomas das especialidades da escala superior de finanzas polo persoal pertencente a ela.

Advertido erro na Orde do 22 de outubro de 2003, pola que se convocan as probas específicas para a obtención dos diplomas das especialidades da escala superior de finanzas polo persoal pertencente a ela, publicada no Diario Oficial de Galicia nº 212, do 31 de outubro, cómpre face-la seguinte corrección:

Na páxina 13.500, no punto 2 do punto IV. Un do anexo II, onde di: «Polo nivel 20 de grao consolidado, 1,50 puntos; por cada nivel que exceda de 20, 0,15 puntos», debe dicir: «Polo nivel 20 de grao consolidado, 1,50 puntos; por cada nivel que exceda de 20, 0,25 puntos».

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS

E VIVENDA