Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 219 Martes, 11 de novembro de 2003 Páx. 13.936

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN, INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 13 de outubro de 2003, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se notifica a presentación do permiso de investigación denominado Corvos 3010, nos concellos de Fornelos de Montes e Mondariz da provincia de Pontevedra, por parte de Minor Galicia, S.L.

A Delegación Provincial da Consellería de Innovación, Industria e Comercio de Pontevedra, fai saber que Minor Galicia, S.L., con enderezo social en rúa Capitán Eloy 29-31, 4º -oficina B-Ourense, presentou nesta delegación provincial o día 1 de abril de 2003, instancia-solicitude do permiso de investigación denominado Corvos, sobre unha superficie de catorce cuadrículas mineiras para a investigación de granito ornamental, que se sitúa nos termos municipais de Fornelos de Montes e Mondariz da provincia de Pontevedra, ó que lle correspondeu o nº 3010.

A designación do terreo, en coordenadas xeográficas, é a seguinte:

VérticesLonxitudeLatitude

V18º 26' 00''42º 18' 40''

V28º 24' 40''42º 18' 40''

V38º 24' 40''42º 17' 00''

V48º 25' 20''42º 17' 00''

V58º 25' 20''42º 18' 00''

V68º 26' 00''42º 18' 00''

A solicitude foi admitida definitivamente a trámite, salvo mellor dereito e sen prexuízo de terceiros.

O que se fai público, para que, calquera que se considere interesado, interpoña a súa reclamación no prazo de quince días hábiles, ante esta delegación provincial, pasado o dito prazo non se admitirá ningunha oposición.

Pontevedra, 13 de outubro de 2003.

P.A. (Resolución do conselleiro 22-7-2002)

Mª del Carmen Girón Daviña

Secretaria provincial de Pontevedra

CONSELLERÍA DE CULTURA, COMUNICACIÓN SOCIAL

E TURISMO