Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 219 Martes, 11 de novembro de 2003 Páx. 13.936

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE CULTURA, COMUNICACIÓN SOCIAL E TURISMO

RESOLUCIÓN do 15 de outubro de 2003 pola que se fai pública a adxudicación dun contrato administrativo.

En cumprimento do disposto no artigo 93.2º do Decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas, faise pública a adxudicación do seguinte contrato administrativo:

* Asistencia técnica:

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo.

b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Turismo.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo do contrato: asistencia técnica.

b) Descrición do obxeto: centro itinerante de formación activa en materia turística.

c) Boletín ou diario oficial e data de publicación do anuncio de licitación: Diario Oficial de Galicia nº 141, do 22 de xullo de 2003.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Procedemento: aberto.

b) Forma: concurso público.

4. Orzamento base de licitación.

Cento dezanove mil oitocentos euros (119.800 A), IVE incluído.

5. Adxudicación.

a) Data: 26 de setembro de 2003.

b) Contratista: Gecreri, S.L.

Importe: cento sete mil oitocentos vintedous euros (107.822 A), IVE incluído.

Santiago de Compostela, 15 de outubro de 2003.

Jesús Pérez Varela

Conselleiro de Cultura, Comunicación Social

e Turismo