Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 219 Martes, 11 de novembro de 2003 Páx. 13.935

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN, INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 13 de outubro de 2003, da Secretaría Xeral da Consellería de Innovación, Industria e Comercio, pola que se lle dá publicidade á adxudicación do contrato de obras consistente na remodelación de control de accesos e CCTV para o Parque Tecnolóxico de Galicia. (Expediente 5/2003 DXT).

Para os efectos previstos no artigo 93 do Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas, esta secretaría xeral acordou dar publicidade á adxudicación do contrato de obras consistente na remodelación de control de accesos e CCTV para o Parque Tecnolóxico de Galicia.

1. Entidade adxudicadora.

Organismo: Consellería de Innovación, Industria e Comercio.

Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Tecnoloxía e Desenvolvemento Sectorial.

Número de expediente: 5/2003 DXT.

2. Obxecto do contrato.

Tipo de contrato: obras.

Descrición do obxecto: realización de obras consistentes na remodelación de control de accesos e CCTV para o Parque Tecnolóxico de Galicia.

Data de publicación do anuncio de licitación no DOG: 14 de agosto de 2003.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

Tramitación: urxente.

Procedemento: aberto.

Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación: 148.729,06 euros, IVE incluído.

5. Adxudicación.

Fecha: 23 de setembro de 2003.

Adxudicatario: Nordés Instalaciones, S.A.

Nacionalidade: española.

Importe de adxudicación: cento corenta e dous mil oito euros con vinteoito céntimos (142.008,28 euros), IVE incluído.

Santiago de Compostela, 13 de outubro de 2003.

P.D. (Orde 21-1-2003, DOG 17 de xaneiro)

Jesús Vázquez San Luís

Secretario xeral da Consellería de Innovación, Industria e Comercio