Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 219 Martes, 11 de novembro de 2003 Páx. 13.935

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN, INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 11 de setembro de 2003, da Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas, pola que se somete a información pública o estudio de impacto ambiental e o plan de restauración do proxecto de pase a concesión de explotación derivada de permiso de investigación Balmau número 2739, da provincia de Pontevedra e promovida por Canteras Eurobandas, S.L.

O artigo 5.2º do Decreto 442/1990, de avaliación do impacto ambiental para Galicia (DOG número 188, do 25-9-1990), dispón que os estudios de impacto ambiental someteranse ó trámite de información pública, durante trinta días hábiles, mediante anuncio no Diario Oficial de Galicia. Na súa virtude,

RESOLVO:

Someter a información pública, por un prazo de trinta días hábiles, contados a partir da publicación

desta resolución, o estudio de impacto ambiental e o plan de restauración do proxecto de pase a concesión de explotación derivada de permiso de investigación Balmau nº 2739, emprazada en terreos do concello de Oia, provincia de Pontevedra e solicitado por Canteras Eurobandas, S.L.

Para os efectos informativos porase á disposición dos administrados que o soliciten un exemplar do mesmo para consulta nas oficinas desta dirección xeral así como nas dependencias da Delegación Provincial da Consellería de Innovación, Industria e Comercio correspondente e as alegacións formularanse durante o prazo sinalado nas mesmas oficinas.

Santiago de Compostela, 11 de setembro de 2003.

Ramón Ordás Badía

Director xeral de Industria, Enerxía e Minas